Convocatorias Conselleria de Innovación e Industria
mércores, 25 de abril do 2007, por Berio Molina.
categorías: Convocatorias

A Consellería de Innovación e Industria publicou o martes 24 de abril, no DOG, dúas convocatorias de axudas relacionadas coas Tecnoloxías da Información (TIC).

A primeira delas destinará 3 millóns a mellorar a competitividade tecnolóxica das empresas galegas.

A segunda adicará 1,2 millóns para que as entidades sen ánimo de lucro organicen eventos que promovan a sociedade da información.

O prazo para solicitar as axudas remata o 25 de maio. Aínda que o límite inicial do investimento é de 4,2 millóns, está previsto que se poida ampliar, en función da demanda e da dispoñibilidade orzamentaria.

+ Info

Enviar comentario
Categorías
Berio Molina