Copyleft ou a liberación da creatividade colectiva
mércores, 29 de decembro do 2004, por nautile.

Copyleft ou a liberación da creatividade colectiva
Autor: Adolfo Estalella

Pueblos

A cultura está a sufrir un progresivo proceso de apropiación na nosa época. Os direitos dos usuarios para manipular e participar na cultura son cada vez máis limitados, pero un novo movemento trata de subvirter este proceso. O copyleft pretende situar ao usuario no centro da cultura e dar renda solta á creatividade colectiva da sociedade.

A cultura é o tecido espiritual co que os homes, e as mulleres, construimos os nosos soños, as nosas crenzas e a nosa imaxe do mundo. Houbo unha época en que a cultura non tiña dono. Case tampouco non exitían os autores. Os romances e os cantares pasaban de boca en boca, formaban parte do imaxinario colectivo e cada un podía engadir da sua propia colleita ao que acababa sendo unha creación colectiva compartida por todos. Todos éramos creadores.

Coa imprenta aquilo mudou e despois viñeron as primeiras leis de copyright, a principios do século XVIII. As tornas apertaron-se un pouco máis e a cultura comezou a ter proprietarios e ficou trazada unha grosa liña entre quenes eran autores, dun lado, e usuarios, do outro; entre quenes tiñan determinados direitos sobre a cultura, os autores, e quen tiñan limitacións sobre ela, os usuarios. Co tempo a apropiación da cultura e o coñecemento ampliou-se a través do copyright até o abranguer todo.

Hoxe o copyright contrólao todo, case todo, e cada dia máis, até extremos que chegaron a ser absurdos. O pasado verán os irlandeses celebraban na ruas de Dublín o centenario do Bloomsday, era outro 16 de xuño no que se festexa a famosa obra Ulises do escritor James Joyce. Pero os festexos estiveron a punto de aguarse. Un neto do escritor proibíu que se fixesen leituras públicas das obras do seu avó salvo que lle pagasen considerabeis somas de cartos, a lei de copyright amparábano na sua demanda. Até eses extremos chegamos.

Copyright vs. Copyleft

Ante esta situación o movemento do copyleft, unha amalgama heterogénea que defende a flexibilización das leis de propriedade intelectual, lanzou unha alternativa a esta progresiva apropiación da cultura. Un termo que pode resultar estraño de primeiras, o copyleft cárgase de sentido colocado ao carón co seu antagonista, o copyright: Copyleft - Copyright, é como un xogo. Porque diso se trata, dun xogo de palabras que busca subverter as regras da apropiación da cultura e pór o que está ao direito (right) nas leis de propriedade intelectual do revés (left).

Porque se o copyright remite ao direito -que até agora privilexiou aos autores- a restrinxir as copias e usos sobre as suas obras, o copyleft remite tamén a un direito -que temos os usuarios, os leitores, a sociedade- a facer uso das mesmas obras. Son duas visións enfrentadas sobre o que é a cultura, quen é importante en ela (o autor, o usuario ou a conta de ingresos), e como deben distribuir-se e usar-se as obras de criación.

A cultura está feita con ideas, pero o seu substrato é material. Co paso dos séculos este tecido material ampliaouse, e cada ampliación provocou nas nosas sociedades unha grande revolución (a imprenta, a televisión, Internet) ou pequena (os discos, a fotocopiadora, o MP3). A forma como accedemos e manipulamos a cultura e o coñecemento depende deste tecido cultural “e” das leis de propriedade intelectual (1).

Tres séculos atrás os proprietários da cultura tiñan o control só durante catorce anos desde que un libro saía da pluma do autor e só controlaban o direito a facer copias das obras. Co tempo foi ampliándose o tipo de usos que controlaban e a duración destes priviléxios. Hoxe en dia os donos da cultura, que non son necesáriamente os autores se non os produtores económicos (discográficas, editoriais, etc.), controlan virtualmente calquera uso que se faga dunha obra e alongaron estes priviléxios até setenta anos despois da morte do autor.

Pero esta clausura da cultura e a sua apropiación non comezou a sentirse no ámbito cotiá dos homes, e as mulleres, até a década dos setenta. Orixinalmente o copyright estaba destinado a regular principalmente a esfera comercial da propriedade intelectual. Era unha lei para empresas que a duras penas atinxian a entrar no espazo íntimo en que o común dos mortais accede e manipula a cultura. Foi trala aparición de tecnoloxías que permiten aos usuarios manipular a cultura (grabala, reproducíla, transformála, etc.), como a fotocopiadora, o vídeo, o ordenador... que os proprietários da cultura lanzaron a sua grande acometida para extender o eido dos seus priviléxios até o máis íntimo da nosa cotidianeidade. Nese intre, o copyright comeza a regular non só a esfera comercial da cultura senón que limita a capacidade que cada un de nós ten para manipular a cultura, acceder a ela e usala nos nosos espazos íntimos.

Apoiados polas leis que conseguiron quitar adiante por todo o mundo e apoiados en novas tecnoloxias de restrizón de usos denominadas DRM (Dixital Right Management), os proprietarios da cultura pretenden estabelecer un modelo no que as obras son reducidas a un puro obxecto comercial. O modelo basease en restrinxir tódolos usos posíbeis das obras e cobrar por cada un.

O plantexamento é sinxelo, trátase de converter ao cidadán nun puro consumidor da cultura, non nun usuario dela. Alguén que olla pero non toca, alguén que é só un espectador, ao outro lado da cultura, pero que non pode participar nela. Na época na que a cultura, a información e o saber cruzan o noso planeta de lado a lado nun intre, nunha época na que as ferramentas permiten a calquera manipular a cultura, construir sobre o que outros xa lograron, nunha época onde cada un de nós está chamado a participar na creatividade colectiva e mergullarse no torrente cultural como un usuario creador, os proprietários da cultura queren clausurar a cultura a favor do benefício económico. Nunha época así o ideario do copyleft mostra unha alternativa que fai saltar polo aire ese modelo e converte aos usuarios no centro da cultura.

Detrás do copyleft hai unha idea revolucionaria que subverte todo este entramado legal dende dentro. Mentres que o copyright se basea en limita-los usos que a sociedade pode facer das obras, o principio do copyleft fundamentase en permitir o máximo uso posíbel das obras. Onde o copyright di “proibido” o copyleft di “permitido”.

Unha das ideas centrais deste movimento desorganizado que agrupa posturas moi diversas, dende as que piden a supresión das leis de propriedade intelectual ata as que abogan por unha notabel flexibilización dos seus límites, é o que concebe a todos os usuarios da cultura como potenciais creadores.

O movemento do copyleft fai seu o ideario da comunidade do software libre, dentro da cal cúñase este concepto. Foi Richard S. Stallman, antigo membro do Massachussets Institute of Technology (MIT) de EE.UU. e fundador do movemento do software libre, quen cruñou a mediados dos oitenta o concepto de copyleft plasmado nunha licenza denominada GPL (Xeral Public License), baluarte legal do movemento.

A GPL di que un autor que distribúa os seus programas de software con esa licenza permite aos usuarios que o copien, modifiquen e distribuan -e mesmo o vendan- libremente. No fondo deste primeiro copyleft, desenvolvido por hackers e programadores experimentados, está a idea de que calquera usuario podia intervir nos programas, melloralos , e aporta-los productos da sua creatividade ao ben comun.

Creative Commons

Nesa idea orixinária e na GPL inspiráronse toda unha serie de licenzas que recollen, total ou parcialmente, o ideal que consagra a distribución, así como o libre acceso e uso da información como máxima, e dende aí producíuse a sua extensión a novos eidos artísticos a partir de iniciativas como a de Creative Commons, unha organización sen ánimo de lucro fundada en EE.UU. por Lawrece Lessig, profesor de dereito da Universidade de Stanford e batallador incansábel contra a extensión das leis de propriedade intelectual.

Creative Commons converteuse dende a sua fundación no ano 2001 no principal baluarte na promoción e extensión do ideario do copyleft cara novos eidos da cultura. O proxecto criou unha serie de licenzas, traducidas e adaptadas a unha dúcia de paises actualmente, entre os que se atopa España, que permiten ao autor estabelecer os usos que permite e os que limita das suas obras. Calquera creación que teña unha licenza de Creative Commons pode ser copiada e distribuída libremente, e sempre que se use hai que manter a atribución ao autor orixinal. Cando este escolle a licenza decide ademáis sobre tres opcións, coas que estabelécese: 1) pódese facer uso comercial da sua obra, 2) pódese modificar e 3) se a obra derivada debe ter o mesmo tipo de licenza que a orixinal.

Poden atoparse exemplos de todo tipo de instituizóns e iniciativas, con ánimo de lucro ou sen el, nos que comezaron a usar este tipo de licenzas. Desde o proxecto do MIT OpenCourseWare, co que esta universidade estadounidense pretende publicar con licenzas estilo copyleft os materiais de decenas de cursos, até o selo en Internet Magnatune, no que os músicos venden as suas obras usando licenzas de Creative Commons.

Non está claro até onde pode atinxir este movimento e se os proyectos e iniciativas que se desenvolven actualmente chegarán a enraizar con forza na sociedade, pero a semente está plantada, e este movemento desorganizado comezou a acordar conciencias e a chamar a atenzón sobre a perigosa apropiación que está a sufrir a cultura nas nosas sociedades. O copyleft trata de colocar aos usuarios no centro da cultura, será responsabilidade o noso aceptar o papel que nos corresponde.

Licencias de todos os gustos

Hai licenzas de tipo copyleft para todos os gustos, unhas máis permisivas que outras, pero todas elas permiten que as creacións se copien e distribúan libremente e obrigan normalmente a manter a atribución ao autor. Despois varían segundo o seu eido de aplicación máis axeitado (sexa software, obras artísticas, música, etc.) e en función de se permiten que as obras podan ser modificadas e utilizalas con fins de lucro.

- Licencias Creative Commons, a gusto do autor. Poden atoparse sítios con creacións de todo tipo (música, fotos, romances, etc.) que usan este tipo de licenzas. As suas condicións básicas estabelecen que os contidos pódense copiar e distribuir libremente en todo o mundo e que ao facelo hai que manter a atribución ao autor orixinal. Despois o autor fixa se as suas obras poden ser: modificadas, si se poden facer usos comerciais delas e se hai que compartir as obras derivadas nas mesmas condicións. O sistema proporciona tres documentos diferentes: un de sinxela comprensión para lelos en direito, outro con validez legal e un terceiro legibel por máquinas, creado, por exemplo, para que os buscadores de Internet recoñezan que unha páxina utiliza este tipo de licenza.

- Xeral Public Licence (GPL), copyleft, a nai de tódañas licenzas libres. Libre non significa gratuito. A GPL apunta cara a liberdade para utilizar o software, modificalo e distribuílo a vontade. A GPL, creada en 1988, é un pilar central do movemento do software libre, e a inspirazón para toda unha serie de licenzas desenvolvidas posteriormente. Da mesma família é a GNU Free Documentation Licence (GFDL), utilizada nos manuais do software libre. Moitas outras licenzas deste estilo son a Licenza Apache, Licencia Mociña, a Licenza BSD, etc.

- Open Audio Licence, música para todos. Se un grupo usa esta licenza autoriza para que se faga calquera uso das suas cancións, só esixe que se manteña a sua autoría. Foi criado no ano 2001 pola organización máis batalladora polos direitos civis no entorno dixital, a Electronic Frontier Foundation. Outra licenza para a música é a Free Music Public Licence.

(1) A propriedade intelectual engloba tres ámbitos diferentes como son o rexisto de marcas, as patentes e os dereitos de autor (que os paises de tradición anglosajona denominan copyright), ainda que en España a lexislación usa o termo global propriedade intelectual para se referer aos direitos de autor.

O presente artigo distribuise baixo licenza Creative Commons, e foi publicado orixinalmente na revista Aldeas, edición de decembro (nº 14).

.