Cris Lores abriu unha conta en Vimeo na que subiu algúns dos seus traballos en vídeo. Corpi en movemento foi premiado na derradeira edición dos Premios Novos Valores da Deputación de Pontevedra. Tedes a súa versión máis longa on line, de 8 minutos en vez de 4, da presentada para o certame.
Cris formou parte de bandas míticas do HC galego, como Meigallo, e máis atmosféricas como, All go down. Na actualidade ten un novo proxecto do que daremos conta en breve.
Corpi In Movemento from Cris Lores on Vimeo.
O creador pontevedrés amósanos tamén, a modo de documento no borde da extinción, a acción de cambiar un rollo de cine coa película en marcha.
CambioDeRollo from Cris Lores on Vimeo.
Baixando e subindo from Cris Lores on Vimeo.
isaac cordal e un dos artistas que mais respeto coma tal e un dos poucos que coñezo, a sua obra e digna de palabras raras de persoas extranas. formou parte de si mesmo en algu momento da sua vida e agora ten unha nova conta no banco de santader onde todos podedes acceder sen nengun tipo de problema e sacar os cartos que precisedes, formou parte de bandas miticas, e agora desmitificouse cara outras bandas, podes disfrutar a sua obra na sua casa e algun que outro sitio eu inda teño un colador colgado na parede da casa, pero coma persoa e arte pura... e coma os extintores nos museos de arte contemporanea... ssaude