Crónica 1º residencia Alg-a Lab
luns, 27 de xullo do 2009, por srpause.

Hoxe rematou a 1ª residencia artística no Alg-a Lab. Despois de 5 días de intenso traballo e convivencia, despedímonos de Lía, Tincho, Willy e Marta, artístas multidisciplinares co común denominador de pertencer ó colectivo Própolis de A Coruña.

Estas son as crónicas do que foi a Residencia.

Xoves 23 Xullo:

"xpedicion Prpolis accidntada. Coche morreu. Chegarems a Vigo, sexa como sxa". Este era o MSM que recibín o xoves á mañá. así foi a resi, aventura procesual dende o principio. Por suposto que chegaron ó Lab, aínda que un chisco máis tarde do pensado. Fíxemoslle un percorrido polas instalacións, que xa comezan a estar utilizables como Lab:

JPEG - 253.5 KB
JPEG - 196 KB
JPEG - 135.8 KB
JPEG - 141.3 KB
a habita dos artistillas
JPEG - 136.9 KB
JPEG - 152.4 KB
Nela probando a vitrocerámica

Despois de instalarse ó seu gusto, preparouse a cea e xa comezaron coa experimentación multidisciplinar: Marta iniciounos nos básicos da acrobacia en telas, e Tincho comezou a probar diferentes técnicas de VJ sobre a pantalla exterior do Lab (nalgunhas delas contando coa interacción física de Willy e Lía), misturando o software VJ Resolume con animacións a tempo real feitas con editores de imaxe.

JPEG - 174.7 KB
Marta pendura a tela de acrobacia
JPEG - 119.2 KB
comezamos a probar
JPEG - 41.8 KB
JPEG - 117.9 KB
JPEG - 142.8 KB
señor Pause pendurado dun fío...qué metáfora vital!
JPEG - 142.8 KB
señor Pause pendurado dun fío...qué metáfora vital!
JPEG - 84.3 KB
ó calor do LK
JPEG - 152.8 KB
Tincho pinchando
JPEG - 144 KB
Willy, "víctima" dos experimentos VJ
Enviar comentario
Comentarios
28 de xullo do 2009 04:41, por Berio

Interesante crónica, ten moi boa pinta o lab!

28 de xullo do 2009 10:32, por isaac-cordal

O espacio do medio quedou moi ben. Haberá que facer un pequeno concert en Agosto, que non?
Ánimo aí.
Abrazo grande,
Is

28 de xullo do 2009 12:10, por Tintxo

Isto acaba de comenzar

bip

jiau jiau jiau