Vou a contar a modo de resumo o que máis me gustou do que puiden ver durante dúas xornadas do Festival Collision 2008 celebrado os días 11,12,13 de Setembro en Peckham (Londres).
A verdade que o primeiro que debería destacar é o lugar onde se celebrou o festival na súa terceira edición, unha nave inmensa con pequenos adosados e patio, antiga fábrica de madeiras Whitten e rebautizada dende o 2003 como Area10 Project Space. Este lugar foi ocupado a base de reutilizar o espazo para diversos actos culturais e dende entón estivo aberto á participación e realización de todo tipo de eventos relacionados coa Arte; performances, concertos, talleres, proxeccións, exposicións etc.
O venres día 12 pola tarde houbo dous seminarios. O trámite para asistir tan só consistía en escribir un mail á organización, xa que había prazas limitadas. Sen problema, contestáronme que había sitio. Alá funme coa miña querida cámara de 3.2 megapixels do ano da pera. Nese sentido, debedes perdoarme pola calidade das fotos e vídeos.
O primeiro seminario impartíao Charles Hayward e levaba por título Nervous system, perception & subjective realities. Charles Hayward é un bateria británico que participou e participa activamente en numerosos proxectos (Camberwell now, Massacre con Bill Laswell e Fred Frith, Clear Frame, Albert Newton etc). Fundador da banda experimental de rock dos 80 This heat. Dende 1987 ten un proxecto en solitario, coa sua bateria, a súa voz e un par de mini-disc con ambientes e bases gravadas. Durante a hora de duración do seminario explícounos a modo de charla e con múltiples xestos nerviosos o seu gusto polo son, a electricidade (como unha adicción a meter os dedos nos enchufes dende pequeno) e en xeral á música experimental cargada de improvisación. Fixo unha pequena mostra na que tivoalgúns problemas técnicos de son. Pola noite o seu set foi espectacular, unha mestura de ambientes, melodías pegadizas e contundencia. Ao día seguinte tocou no festival Ertz.
O segundo seminario foi a cargo de Dr Mick Grierson baixo o título Plundermatics : The Art of Semi-Automated Audiovisual Appropriation que é co-director do Goldmiths College Creative Computing Programme, artista e investigador de programación de software enfocado o seu uso en tempo real. Na súa charla preséntounos a nova versión do software que desenvolve chamado Mabuse (para Mac e Pc) que manipula audio e vídeo a tempo real. Así como algúns patches novos en Max Msp que estaba desenvolvendo, manipulando vídeo e son coa wii e co mando da consola. Pola noite realizou unha actuación xunto cos membros Goldsmith electronic studio, pero que realmente non me entusiasmou demasiado. Aquí podedes velo en acción cunha interface desenvolvida por él para traducir os pensamentos en notas musicais.
Mabuse - Dr Mick Grierson on Vimeo.
Un dos concertos que máis me gustou foi o de Anthony Hall. Mediante dous sensores fotosensibles e obxectos luminosos realizou un concerto de capas de son cru, glitches e atmosferas varias. O seu concerto tiña un contido moi visual ao traballar con obxectos de luz, velas , motores e laser. Unha das pezas que interpretou eran varios laser enfocando a un material que se descompuña e como resultado o son burbuxeante era manipulado mediante filtros. Se queredes saber máis do seu traballo podedes ler a súa entrevista en we make money not art.
Anthony Hall - Collision 2008 on Vimeo.
Outros concertos dese día interesantes foron os de Ry-om e Simon Whetham.
INSTALACIÓNS
En canto ás instalacións destacaría a de Charlie Whittuck que participaba cunha instalación na que a auga e o lume eran protagonistas. Mediante unha especie de muíño de auga de pequenas dimensións fai xirar unha complexa estrutura. Curiosoeste vídeo campestre que aparece linkeado na sua web.
Alan Franklin participou coa instalación Undoing Nelson. Mediante fío negro o nome de Nelson íase desfacendo da parede mediante uns motores que cada certo tempo activábanse e recollíanse. Proceso que quizais durou os tres días do festival, pero que non sei se realmente foi así.
A instalación que máis me gustou foi o derradeiro proxecto de Matthew Appleby chamado PG1. Consistía nun cordaxe de piano de cola no que unhas bolas de ping-pong interpretaban aleatoriamente composicións sonoras manexadas mediante a participación do público, que accionaban distintos motores con raquetas e outros obxectos lúdicos.
Matthew Appleby. PG1.
Rachel Wilson. Aqua Umbra.
Geneticmoo
O Sábado a programación foi máis orientada ao rock, punk, fanfarria no musical, así como varias performances e pintura en directo. Pareceume moi interesante un colectivo chamado Utrophia, os cales puxeron vídeo das súas actividades. Cun deses vídeos descubrín o que se denomina Mobile Clubbing, que son quedadas que fai a xente para facer batallas de almofadas ou bailar nun espazo público cada un co seu mp3 e creando coreografías destartaladas. Por exemplo, na Tate.
Moi boa a crónica, isaquiño!.
Toma notas varias.
unha aperta ben ben forte
Ola berito,
Querido roedor rochesteriano. Espero xa teñas a maleta polo ben do vecindario e a saúde pública mundial.
Abrazo grande,
is
Pois agora que o dices, a volveron a perder. Algo debe de ter esa maleta porque sempre a "perden". Van 3 semanas nas que non me quito a única camiseta que me queda, que é a de alg-a!
Por certo, antes quería decir tomo nota, non toma nota. Ti tómate unhas cervezuquis á nosa salud!
vémonos