Crónica Kinetica art fair 2009
mércores, 4 de marzo do 2009, por isaac-cordal.

Kinetica Art Fair 2009
27 de Febreiro ao 2 de Marzo
Londres.

O pasado sábado 28 de Febreiro visitei a Kinetica Art Fair 2009 en Londres no espazo P3. Este evento esta organizado polo propio P3, a Universidade de Westminster e ou Museo Kinetica.

A iso das dez e media da mañá, puxeron vídeos do creador polaco Zbig Rybczynski. O seu traballo é increible, cun universo totalmente persoal de texturas e escenas cotiás levadas ao absurdo. En 1980 foi galardoado cun Oscar por Tango e realizou videoclips para xente como Simple Minds, Pet shop boys etc. Acto seguido puxeron un vídeo de Stelarc chamado Head Robot que a verdade non me emocionou demasiado. Outro artista moi interesante do que puxeron vídeos é o escultor Nik Ramage, creador de engendros e máquinas. O traballo que máis gustoume pódese ver aquí. Na feira tiña a peza interactiva que pódese ver no seguinte vídeo chamada ??? Typewriter.


??? Typewriter by Nik Ramage from alg-a on Vimeo.

Peep show é unha instalación na que tres robots celebran que o seu creador, Giles Walker, recicle motores, muelles, maniquíes, etc para darlles vida. Os movementos estaban moi logrados e á xente chamáballe moito a atención. En todo momento o artista estaba pendente de que a festa non subise de ton e axustaba os motores cada certo tempo.


Peep show by Giles Walker from alg-a on Vimeo.

Na feria había varios traballos de Tim Lewis que para min foi un gran descubrimento. Creador de seres estranos autonomos, metade animais e humanos, que debuxan, que se comunican, que indagan o espazo e ao espectador. Traballos nos que podes ver o rodamiento e comprender que dentro da complexidade da súa realización hai unha gran dose de simpleza. Xogos coa percepción visual como en Pet people onde nunha roda un ser múltiple corretea sen parar.


Pet people by Tim Lewis from alg-a on Vimeo


Tim Lewis from alg-a on Vimeo.


‘Exterminating Angel’ by Tim Lewis from alg-a on Vimeo.

Wall of eyes de Adrian Baynes é unha instalación interactiva na que a obra observa ao espectador e interactua cos seus movementos. Esta peza lembroume a Opto-ipsolator de Golan Levin cuxa execución e interactividade é sorprendente.


Adrian Baynes entrevistado polos medios.


Wall of eyes by Adrian Baynes from alg-a on Vimeo.

Krachtgever é un traballo dos artistas Peter Bosch and Simone Simons afincados en Valencia. Krachtgever e unha instalación sonora dunhas caixas movéndose por medio duns motores. Peter deu unha conferencia moi interesnate na que fixo un percorrido polos seus traballos en conxunto nestes derradeiros anos. Esta peza levou o premio Golden Nica en 1998 no Ars electronica de Linz na categoría de Computer music. Cada caixa conten materiais distintos. O funcionamento dos motores controlados por un ordenador varian a velocidade de rotación, isto provoca interesantes interferencias entre as frecuencias vibratorias estimuladas e as frecuencias propias da construcción. Tamén destacar o seu proxecto Aguas vivas e Último esfuerzo rural, a cal puidemos ver e escoitar no Off ICMC do 2005 na Sala Metronom de Barcelona.


Peter Bosch


Krachtgever by Peter Bosch and Simone Simons from alg-a on Vimeo.

Beacon é unha instalación interactiva de luz feita por Chris O’shea en colaboración con Cinimod studios. Varias filas de sirenas vermellas persiguen o tránsito do espectador pola instalación.


Beacon by Cinimod Studio and Chris O’shea from alg-a on Vimeo.

Light waves de Tom Wilkinson


Tom Wilkinson from alg-a on Vimeo.

As esculturas de Jack Pavik son máquinas con un acabado e un funcionamiento perfecto. Crean movemento en longas e estreitas pranchas de aceiro, as cales xeneran sons moi interesantes.


Jack Pavlik from alg-a on Vimeo.

WII/ND CHIME de Artemis Papageorgiou é unha instalación interactiva na que a wii convertese nun móvil. WII/ND CHIME foi realizada dentro do programa Interactivos? do Eyebean de NY.


WII/ND CHIME by Artemis Papageorgiou from alg-a on Vimeo.

Panel Discussion: ’New Realms in Art: Collecting and Exhibiting New Media Art’

Mike Stubbs, FACT
Emma Quinn, Ex ICA
Clare Gannaway, Manchester Art Gallery and Folly
Dianne Harris, Kinetica Museum

Panel Discussion: ‘What is the Future Of Sound and Light?’

Mike Faulkner, D-Fuse
Jason Bruges
Martyn Ware, Future of Sound
Ghislaine Boddington, bodydataspace

Canal de alg-a en Vimeo

Comentarios
5 de marzo do 2009 00:58, por Antía

Una crónica muy interesante! Muchas gracias por compartirla.Seguro que ejerce de impulso creador para tus obras también.
Chapó a la pieza avestruz-manos.
Bicos.

5 de marzo do 2009 06:03, por Berio

Moi boa Isaac!,
O Tim Lewis ten moi boa pinta, tamén a instalación das caixas de Peter Bosch e Simon Simons, gustariame tela visto en directo.
Apertuquis!

5 de marzo do 2009 12:49, por isaac-cordal

Gracias coleguis.
Abrazos varios,
Is

22 de marzo do 2009 07:57, por Ara

Incríble!! A min tamén me fascinou a avestruz!É unha pasada as cousas que se fan, gracias por contárnos tan ben todo, é como si tamén estuvera eu alá!

27 de marzo do 2009 02:06, por berto (ito)

noraboa pola reportaxe.
Conseguiches que estiveramos pola exposición por un momento, gracias.
As caixas e a a avestruz son a ostia, e o retrato de dios mete medo.
Saudos dende barcelona

31 de marzo do 2009 01:06, por isaac

Gracias Bertito polo comentario. Espero que todo ok por Barna.
Abrazo grande,
Isaac

.