A finais de Agosto Berio e Isaac participamos nos encontros de Netlabels. Música enredada organizados polo Audiolab en Arteleku, San Sebastian para representar o Netlabel de alg-a (Alg-label.com) e facer unha presentación de Alg-a. Ante todo agradecer á organización do evento a invitación e o trato recibido neses días. Por outro lado, por unhas cousas e outras tardamos moito en subir esta crónica e fai nada supimos a destitución do coordinador xeral de Arteleku, Kepa Landa, por parte Departamento da Diputación guipuzcoana, dende aquí lle mandamos un saúdo e os nosos mellores desexos.

Tags posibles para describir o encontro:

netlabels, netaudio, experimental, creative commoms, anticopyright, capitalismo, libre, café, alg-a, audiolab, arteleku,larraskito, cultura, desetxea, ixi, ruído,Xabier Erkizia, editar, independente, addsensor, ecto, arto artian, mattin, taumaturgia, Mikel R. Nieto, redes sociais, mubles, comunicación, economía, feedback, visibilidade, miguel prado, miguel a. garcía, estética, arte, web 2.0, archive.org, discográficas ...

O fenómeno dos netlabels ou selos discográficos en rede afronta unha realidade tan problemática como vantaxosa. Aínda manteñen o seu carácter independente, pero non acaban de funcionar como alternativa contundente ante a crise do sector discográfico. Estas xornadas presentarán diversos proxectos de netlabels para pór en común as experiencias desenvolvidas por estas plataformas e os novos retos aos que se teñen que enfrontar.

O encontro será aberto, e estará dirixido a calquera interesado nestas cuestións, xa sexan músicos, curadores, afeccionados, empresarios…

Durante unha semana o fenómeno dos netlabels, o netaudio, e políticas culturais focalizaron a atención dos asistentes nese marco histórico dedicado á produción artística como é Arteleku. Nós tan só puidemos participar a métade da semá no encontro xa que tiñamos que voltar a Galicia, polo que a nosa crónica tan só fai referencia a ese tempo. Un dos primeiros puntos que deberiamos destacar é a importancia de atoparnos fisicamente, de porlle un rostro a esa presenza virtual coa que dunha ou outra forma viñamos relacionándonos pero que necesitaba manifestarse in situ, con iso potenciar o sentirse máis vinculado que conectado. O encontro físico implica que a posteriori a capacidade de interactuar e organizarse dunha forma nodal sexa completamente distinta para as estruturas sociais, ou persoas, que están detrás de cada netlabel ou colectivos. Neste sentido resulta curioso que teñamos que ir a Euskadi para coñecer persoalmente a unha porción da escena galega relacionada co audio experimental, como son a xente do Net label Larraskito ou Miguel Prado.

Un dos principais problemas atopámonolo á hora de definir o que é un Netlabel, neste punto Miguel de Addsensor estaba ultimando unha guía práctica de net labels que pronto sairá publicada. Tamén publicaron en netaudio unha reflexión sobre este tema, pódese ler aquí. As definicións de netlabel que dan archive.org e a wikipedia serven de punto de partida para tratar de definir un concepto que a medida que pasa o tempo creáse asimesmo.

Algúns dos problemas que se trataron relaciónanse cos seguintes puntos:
- a escasa visibilidade dos netlabels.
- a problemática do feedback en formato reviews dos traballos publicados.
- cuestionábase a calidade tanto como a cantidade de traballos que se publican.
- se o propio formato do netlabel podería ser máis experimental distanciándose dese modo dos selos discográficos físicos.
- a creación dun metanetlabel.

A continuación fago unha pequena reflexión sobre a orixe do netlabel alg-a. Xurdiu dun xeito natural, xa que moitos dos membros da comunidade alg-a estaban traballando con audio, isto deu pé a que comezásemos a publicar os nosos propios traballos para difundir aos artistas galegos e dese modo atopámonos que isto aportou contidos a unha posible escena galega. Máis tarde comezamos a publicar traballos de artistas tanto nacionais como internacionasis. Nese sentido a presenza neses comezos de Xesús Valle na administración do net label deulle un pulo internacional.

Os netlabels obviamente non son unha competencia das web sociais de éxito comercial, o caso de myspace entre outras, onde os fluxos de interactuación é profundamente maior así como a súa visibilidade. Myspace é unha ferramenta da web 2.0 á que é factible sacarlle partido a modo de promoción, ser spam, o reverso do seu uso é que convérteste nunha especie de microtraballador dunha corporación con todo o que isto implica. Os netlabels aproveitanse das ferramentas web 2.0 para convertirse en verdadeiros referentes de lugares físicos e de movementos sociais de diversa índole que manteñen ese pulso independente, o legado de pequenas produtoras ou selos independentes, pola identidade dunha comunidade ou colectivo que promociona e difunde unha cultura libre, neste caso audio e música.

Un dos días do encontro visualizamos o seguinte documental realizado por Kowaslki, La cultura net label.

La Cultura Netlabel from kowalski visuales on Vimeo.


Oier i.a.

Loty Negari & Oier i.a. @netlabels from alg-a on Vimeo.

Miguel Prado e Miguel A. García

Miguel Prado e Miguel A. García no netlabels from alg-a on Vimeo.

Is&Be no Arteleku from berio on Vimeo.

Nesta actuación presentamos o netlabel alg-a reproducindo tódalas canciones de tódolos releases á vez, 324 pistas de audio.

Alejandro Durán presentando Larraskito.

LARRASKITO é un netlabel cunha misión de investigación antropolóxica sobre o ser respecto á música, clasificando aqueles que crean, incluso sin pretendelo. Nel teñen cabida calquer tipo de expresión sonora inusual ou non tanto. Non entendemos de xéneros, só de verdades.

No transcurso do encontro editaron unha referencia no seu net label sen sonido, co texto que adxuntamos a continuación:

[larr31]"Desde cualquier ángulo..."

La fragmentación continúa, nos estamos separando en nuestras propias opiniones que formamos para poder representarnos en la red. Pero esto no significa que no podamos desde nuestras diferencias empezar a cambiar las rutinas asesinas que nos hacen apagar el deseo de acabar con este sistema.

No se trata de crear un espacio civilizado ni de hacer música experimental, si no de experimentar nuevas experiencias colectivas dentro de esta fragmentación, de socializar nuestra urgencia y de vomitar nuestra alienación.

No esperemos nada de organizaciones establecidas, ni de maneras habituales de realizar política. Las malas experiencias nos han llevado durante muchos años a la desconfianza. Tampoco esperemos nada del arte para mejorar nuestras condiciones ni hacernos más conscientes.

Tantos círculos cerrados (música experimental, EAI, estética relacional, arte social, web 2.0...) fomentando la fragmentación para despolitizarnos. Hemos creado nuestros propios nichos que en estos momentos necesitamos dinamitar si queremos cambiar esta realidad.

¿Como podemos estar juntos en la red, en los blogs, en los foros... no para ganar prestigio ni reconocimiento sino hacer realidad nuestras ansias de revolución?

El estar conectado se ha convertido en una condición contemporánea necesaria para no quedarte fuera.

Pero el estar dentro es adentrarte aún más el desierto de la insatisfacción.

Desde cualquier ángulo se puede empezar la insurrección.

Ler os comentarios a modo de debate

Mattin

Xabier Erkitzia

Mikel R. Nieto


.