Crónica OFF ICMC. Martes
venres, 9 de setembro do 2005, por Berio Molina.

Aquí está unha pequena crónica con videos do que pasou no OFF ICMC 2005 o martes na sala Metronom de Barcelona.
Os videos que podedes ver hoxe son os dos seguintes grupos:

Recall Airicca No és permes que... Ross Bencina Diemo Schwarz Kanta Horio

Estade atentos a alga, poremos as crónicas de tódolos dias do festival...

fotografía da cacharrada de Kanta Horio

Videos:

Recall
Airicca
No és permes que...
Ross Bencina
Diemo Schwarz-video1
Diemo Schwarz-video2
Kanta Horio-video1
Kanta Horio-video2

O día do martes comezou con tres mini concertos a cargo dos grupos Recall, Airicca e No és permès que...

Recall
Recall son Helena Fortunato Figueiredo, Maribel Pozo Ruiz, Matteo Sisti Sette, Coia Valls, e levou a cabo un set donde se utilizaban as interferencias dun teléfono móbil co sound system en tempo real, facendo chamadas e recollendo o son do terminal para que pouco a pouco se fosen acumulando as interferencias.

Airicca
Airicca son Oriol Muñoz, Ana Rueda e Santos Miguel e fixeron un exercicio minimal donde partindo dun único loop, iba modificandose para lograr diversos matices ritmicos e tímbricos. Este mesmo concepto era empregado para a manipulación da imaxe.

No és permes que...grupo no que actuei xunto a Alejandra Pombo e Edgar Barroso, fixo un concerto con duas laptops, voz en vivo e viola, donde a través do pd se levaba a cabo unha interacción coa viola e a voz, xenerando sons de resposta ó sinal que entraba polos micros destes instrumentos. Set de improvisación a tres bandas.

Ross Bencina, creador do software para a manipulación e sintese de son en tempo real Audiomulch, unha actuación con tintes ambientales que só cheguei a ver a última parte, e que polo tanto me perdín a anecdota de cando Ross arroxou o guante que utilizaba de interface ó suelo.

Logo, tocoulle o turno a Diemo Schwarz, donde o máis destacado foi a manipulación duns bonecos de corda, destes típicos que de vez en cando pegan un chimpo, e que poñía encima dun soporte amplificado, de forma que ó poñer ós bonecos encima da plancha xeneraba sons ritmicos e semicontrolados, asimesmo empregou unha maquinilla de afeitar que rozaba contra a plancha de metal, tamén chamaban a atención sons de electrodomesticos ou feramentas cotidianas, como unha serra de radial.

E por último Kanta Horio, cunha actuación increíble que recibiu a ovación máis grande que vin de momento no festival, xunto coa reacTable do equipo de Sergi Jorda.
Realmente sorprendente pola orixinalidade e a concepción estética, donde a sencillez, o minimalismo, a frescura e a delicadeza na manipulación formal, fixeron que a súa actuación emanara frescura por todos lados. Unha ampliación da percepción acústica e visual hacia unha exaltación do minúsculo e do "micro". Unha arte donde se lle da concesión os propios obxectos, para que se mostren eles mesmos, e nos mostren unha cara do seu ser que normalmente non se manifesta. O fenómeno en estado puro. Un mínimo xesto e os obxectos se movían cunha máxia secreta que parecía non pertencer á mesma realidade que cohabitamos habitualmente. Matrícula para Kanta Horio. Un fenómeno.

Kanta Horio empregou Pure data como software de interacción, e logo unha serie de mecanismos que non alcancei a entender moi ben, pero básicamente consistían nunha serie de reguladores que variaban a forza e a frecuencia magnética duns imanes. Sobre estes (os puntos que se poden ver no video) arroxaba clips cortados con diferentes formas que "bailaban" dependendo do campo magnético que se xenerara.
Logo manipulou papel amplificando todo o mevemento que se producía.

Crónica: Berio Molina

Enviar comentario
Comentarios
30 de maio do 2006 01:42, por isaac-cordal

Kanta Horio foi do máis increible. Sencillo, dez minutos que saben a moito. Seguidelle a pista.

.