Crónica OFF ICMC. Xoves
domingo, 11 de setembro do 2005, por Berio Molina.

Off icmc 2005
Hoxe toca o turno ós concertos do xoves, ahí van:

+ sic 
+ The Bend Leather Band
+ Convolution Brothers
+ Marc Behrens & Paulo Raposo

Imaxe da instalación de The bend Leather Band

Videos:

sic 
The Bend Leather Band
Convolution Brothers
Marc Behrens & Paulo Raposo

sic (sonidos inestables convertidos)
sic , grupo formado por David Dalmazzo, Eric Arreola, Laurie Bender e Rebecka Biró. 4 ordenadores para 4 altavoces, a ordenador por altavoz. Sonidos que xogaban a mutar lentamente nun ambiente reberverado, moi agradable e para estar agustito escoitando. Enhoraboa ós catro. Utilizaron Live e pd para o son, e pd para as imaxes.

The Bend Leather Band .au
Banda formada polos australianos Joanne Cannon e Stuart Favilla que constrúen artesanalmente os seus instrumentos e os programas que interpretan as súas sinais xunto o artista de Tasmania Garry Greenwood. Unha proposta moi orixinal donde a primeiro golpe de vista chama a atención a apariencia estética dos instrumentos, creados con coiro e cun aspecto cercano ós mundos de fantasía, donde parecía que se estaba facendo un homenxe ó poder evocador da natureza. Para o OFF ICMC trouxeron tres instrumentos: unha arpa de luz e dous de vento, a arpa funcionaba basicamente a través de celulas fotoeléctricas e os de vento a través de sensores de presión para os dedos, sensores de vento(supoño, porque non poiden chegar a localizalos), e uns sensores especialmente diseñados que consistían en dous minijoystiks (similares ós empregados nos antigos portátiles, eses que funcionaban como rato, e estaban ubicados no medio do teclado) para os pulgares, que resultaban moi interesantes, ademáis de amplificar o son do aire pasando a través do conducto de aire.
Outra cousa curiosa dun dos instrumentos de vento, era que ó estar feito en coiro, este era maleable, é decir, que se podía retorcer hacía donde un quixese para que o instrumento adoptase diferentes formas.
O outro instrumento, o que sae na fotografía desta nova, recordaba a unha gaita sin fol, polo que resultaba doblemente interesante, je je.
Para o son, creo que utilizaron un programa diseñado en max/msp.

A música que producían os instrumentos en interacción co software diseñado tamén era dunha grande orixinalidade, e destacaba o especial coidado e mimo que tiveron para que este estivera profundamente ligado á morfoloxía e á estética dos instrumentos, que lle daba a todo unha grande unidade e coherencia formal.
De vez en cando poñían cancións pregrabadas moi melódicas, como do principio da música electrónica, a veces interpretadas con Theremin, que dotaban ós instrumentos dunha memoria, evocando a melancolía dun pasado.

The Bend Leather Band recibiu tamén unha grande ovación por parte do público que foi moi emotivo. Foi un gran concerto.

Convolution Brothers .us
Grupo formado por Cort Lippe, Zack Settel desarroiadores de max e pd e Miller Puckette creador destes mesmos programas. Un dos concertos que levantou máis expectación por ver ó pai dos dous softwares máis utilizados neste festival e que non defraudou e sorprendeu moi gratamente.
O concerto consistiu nunha acción sonora donde o fio conceptual radicaba nunha autoparodia do que representan e do que desarroian. Para o concerto utilizaron instrumentos de construcción caseira como unha batidora de man, desas que teñen moitas barillas, unha pala ultrasónica, patches escritos sobre o corpo dos músicos e a cerveza que o bon de Ross Bencina puxo a disposición de todo quisqui de forma gratuíta -gracias Ross-.
Sumidos no caos que construíron apareceron berros e rapeados ebrios, todo parecía estar estropeado pero funcionaba a perfección, os cables crugían ó ser retorcidos e golpeados, os tres micrófonos utilizados por un deles para cantar e berrar eran tirados ó suelo e á mesa bruscamente, a batidora golpeaba todo o que tiña cerca, ata que fixeron o número do profesor chiflado.
Que consistía en que este fulano acababa de desarroiar un interpretador de patches que era unha pala ultrasónica, que ó poñer sobre os algoritmos debuxados sobre o corpo dos músicos facía que estes sonaran.
Un delirio sorprendente que nos deixou con moi bos ánimos.

Marc Behrens & Paulo Raposo .pt + .de
Tocáballe finalmente agora o turno a Marc Behrens e Paulo Raposo, veciños da querida portugal, e coñecidos polas terras galegas polas actuacións de Paulo Raposo no IFI e no Vademecwn e a cercanía dun dos seus selos discográficos, Crónica Electrónica, coa escea viguesa e o colectivo Sinsalaudio, donde tamén teñen publicado Chiu Longina e Durán Vázquez.
Estes dou músicos fixeron unha actuación que me chamou a atención pola grande sincronización que tiñan entre eles. Todo estaba medido polo tempo de forma exacta, no patch de Marc Behrens puiden ver como no medio de faders e números do seu programa había un grande cronómetro que marcaba o tempo de execución do concerto, e como debaixo deste cronómetro había varios tempos marcados cunhas iniciais que supoño sinalaban certas instruccións de acción. As miradas entre eles eran constantes, e a súa ubicación no espacio facilitaba esta comunicación -estaban de perfil ó publico de pe cos laptops nunhas tarimas e un enfronte do outro-.
Como resultado unha actuación que resultou moi ben compactada con sonidos moi ricos de procesado e de forma, e cuns silencios moi ben postos que lle daba a todo unha sensación de coidado e de mimo. E sobre todo un interesante traballo do tempo.

Crónica: Berio Molina

Enviar comentario .