Crónica Sónar 06. sábado 20
domingo, 23 de xullo do 2006, por Berio Molina.

Aquí estamos coa derradeira crónica do que poidemos ver este ano no sónar.

Empezamos coa presentación de:

Arduino


Arduino
Vídeo enviado por berio

Arduino serve para crear interfaces físicas, para conectar botóns ó ordenador, sensores, para facer controladores midi para manipular programas de video, audio e demáis, para facer robots, polo que funciona independentemente do ordenador, que nese caso só o utilizariamos para cargarlle o programa que queremos que execute, etc...

Arduino preséntase como a mellor opción neste tipo de hardware ou microcontroladores, porque?

Por un lado é programable, podemos cargarlle un programa concreto para cada utilidade. É bastante barato (20 euros máis gastos de envio). Podes construílo pola túa conta, reducindo costes, xa que na súa páxina web están as instruccións para facelo. É hardware libre. Ten porto USB polo que se pode conectar sin problemas a máquinas que non teñen porto serie. Se poden conectar varios Arduinos entre sí, o que fai que incremente considerablemente as súas cualidades. Prográmase desde processing ou java, o que fai relativamente fácil crear os programas. Ten entradas e saídas dixitais e analóxicas. Pode funcionar cos seguintes programas: Flash, Processing, PD, VVVV e Director. Ten unha comunidade moi activa e en fin, é unha pequena xoia.

En fin, que xa me vou a pedir un e a poñerse a fuchicar. Iremos vendo o que sae.

Presentación de reacTable


Reactable
Vídeo enviado por berio

O equipo da reacTable veu a presentar o seu gran proxecto. Alí estaban Sergi Jordá, Günter Geiger, Marcos Alonso e Hugo Solis García, falando e tocando a súa pequena criatura.

A reacTable tamén estivo como instalación no Santa Mónica, donde poidemos experimentar a creación con este instrumento. Sin duda, tal como está desenvolto o proxecto hoxe en día, creo que funciona mellor como instalación interactiva que como instrumento musical, ou esa é a conclusión que podemos sacar despois da actuación a modo de demostración que nos fixeron, donde non poidemos apreciar musicalmente as cualidades deste instrumento.

A reacTable é un instrumento orientado á improvisación con varios instrumentistas, donde cada un deles pode interferir directamente no que o outro está facendo. Esta interrelación pode facerse tanto nun mesmo espacio, como en diferentes espacios simultaneamente, xa que a reacTable pode comunicarse con outras reacTables a través da internet. O que o fai un instrumento moi interesante desde o punto de vista da investigación.

sxndrx


Boxing
Vídeo enviado por berio

Videoboxing é o traballo que viñeron a presentar sxndr ó sónar. Un combate de boxeo entre un rapaz e unha rapaza, donde se pegaban porrazos mentres a modo de banda sonora, se podian escoitar composicións rítmicas con incrustacións de fragmentos de discusións conxugais extraídas de peliculas ou series.
Persoalmente gustoume ver como se pegaban, aínda que parecese que non se daban moi en serio.

Earth, Wind, And Firewire

Phil Link e videotone compoñen o proxecto EarthWind&Firewire.
Sons e imaxes en tempo real. Habilidades técnicas a cargo de Videotone e Phil Link extraendo sons da mediateca imaxinaria colectiva.


Earth, Wind, And Firewire
Vídeo enviado por berio

Ryoji Ikeda

Non temos imaxes da actuación de Kyoji Ikeda, porque pediu que non sacaramos ningunha cámara de fotos nin de video, e nun acto de obediencia leal decidín non encender a miña máquina, polo que sentíndoo moito non vos podo ensinar imaxes da increíble actuación que fixo Ryoji. Así que vos describo máis ou menos que foi o que fixo.

Ryoji non apareceu sobre o escenario, senón que se situo na zona donde normalmente sóen estar os técnicos, polo que pasou totalmente desapercibido para a audiencia. No seu lugar apareceu unha pantalla xigante que cubría todo o escenario. Polo que desde un principio o evento prometia ser algo especial.

Coa sencillez que caracteriza a eses traballos "ajá", donde con só rascar unha leve membrana aparece todo un mundo cheo de complexidade e perfección formal (e non me refiro a perfección virtuosa), donde, como decía Esther Ferrer, un só xesto é necsario para que a forma fale por si mesma, Ryoji puxo en escea un mundo audiovisual cheo de suxerencias emocionais e extructurais.

Na pantalla aparecían formas mínimas, puntos, liñas, textos, códigos, ubicacións espaciais, mapas-extructuras, que a medida que se expandian no tempo, ían entrando en relación unhas con outras, descubrindo novos comportamentos, como si dun axente vivo se tratase.

O son estaba perfectamente ligado coa imaxe e viceversa, chegando a unirse nunha sóa manifestación formal, de tal forma que aínda estando todo totalmente sincronizado, esto pasaba totalmente desapercibido.

Dificíl de explicar a sensación que producía esta actuación, pero recordo o último momento da mesma como si comeras polvos pica pica, e no lugar de moverse caóticamente dentro da túa boca xenerandote cosquillas, estes colleran conciencia da súa ubicación espacial e temporal, e comezaran a organizarse para de repente meterseche todos entre os dentes incisivos, ou facer un núcleo compacto na campanilla da gorxa, para logo estoupar en tódalas direccións e saír disparados polas orellas.

En fin, unha grande actuación que aprobeito para falar dun pensamento que me envolveu durante todo o festival. E que ten que ver co exceso de desenvolvemento e a falta de orixinalidade e intención relacionada coa creación.

De tódolas cousas que vin no festival, quizáis o que máis me gustou foron as actuacións de Kanta Horio, Ryoji Ikeda e Optrum. Concepcións moi sinxelas tecnica e creativamente que deixan ver unha grande ilusión e emoción detras delas, que se mostran accesibles á audiencia e cuxa sensación ó rematar de velas é de buf! me gustaría facer o mesmo!. Porque a grandeza da expresión formal do que experimentas e tal que é capaz de abrirche o código para que a partir de ahí poidas evolucionalo pola túa conta, o que poderiamos chamar estética libre Traballos que se desenvolven por un método en contínua relación coas formas que xenera. A típica evolución que aparece cando traballas desde a forma.
Sin embargo moitos dos proxectos que poidemos ver carecen desta transparencia formal porque se enmascaran no desenvolvemento, separando a forma e rengandoa a un nivel posterior, deixandoa incluso en mans para que outros a fagan a partir do seu traballo de desenvolvemento.

E así podemos atopar traballos de anos o de investigación e desenvolvemento, moi evolucionados técnicamente pero que formalmente carecen totalmente de interés, aínda que se supoña que potencialmente vaian a supoñer un cambio moi beneficioso para a forma. Pero cando se vai deixar de desenvolver para pasar á forma? Non debería ir todo xunto?. O software libre non xustifica esta deixadez aínda que sexa necesario reivindicalo, a investigación tampouco o xustifica, o desarroio tampouco. Nada o xustifica, porque senón nos convertiremos en meros virtuosos do texto codificado, en servicio do poder da tecnoloxía.

Os creadores poden concevir facer unha actuación sin ter ensaiado nin unha sóa vez, pero o que non poden soportar é non ter todo preparado técnicamente, e coas ferramentas adecuadas, e eso cheira a presión cultural, por moi "underground" que esta sexa.

A forma é unha grande potencia de liberdade, e si queremos traballar con ferramentas libres, primeiro temos que traballar con formas libres, cunha estética libre, libre de presións culturais, libre de poder.

Por eso quedei prendado da accesibilidade estética de Ryoji Ikeda, pola artesanía técnolóxica de Kanta Horio e polo impacto e rabia técnica de Optrum.

Enviar comentario .