Crónica Sónar 06. venres 19
domingo, 23 de xullo do 2006, por Berio Molina, isaac-cordal.

Presentación do colectivo Zemos98


Comezamos as crónicas deste venres cos admirados compañeiros do colectivo zemos98, que viñeron a presentar as actividades que dende fai xa case unha década veñen levando a cabo. Centradas sobre todo no festival audiovisual Zemos98.

Nesta presentación estiveron Felipe, Rubén e Pedro. E falaron das súas actividades en relación a varios puntos, como a publicación, o festival e a televisión.

O festival Zemos98 é un evento moi especial polo espíritu que o rodea e xenera, donde o interés por comunicar e vivir a cultura son os motores das súas neuronas.

Chamounos a atención o seu proxecto televisimo a través da rede, agora en proceso de desenvolvemento, pero que xa experimentaron na última edición do festival, donde foron publicando videos e crónicas do que acontecía. O seu propósito é facer unha televisión por internet. Estaremos atentos para ver que forma vai collendo esta xenial e interesante idea.

Saúdos a Zemos98 dende alg-a, e grazas por ser activos.

Presentación do software perrogato por Miguel Seoane


Pois aquí temos ó noso querido e húmedo-vexetal compañeiro Miguel Seoane, presentando o programa que el mesmo desenvolveu que leva por nome perrogato, en onra ás discusións que tiña co seu compañeiro Isaac-cordal, cando se puñan a pinchar videos.

Miguel presentou a perrogato, un programa feito en max/jitter e que permite a manipulación de video en tempo real.
O programa ten unha serie de funcionalidades que o fai moi interesante, como son a sincronización cun ritmo que o usuario pode marcar manualmente pulsando repetidamente unha tecla (como un "tap"), unha serie de efectos realizados especificamente para o perrogato, variedade de posibilidades de fundidos, cromas, etc, mezcla de imaxes a dous canais, previsualización dos videos a cargar, e un sinfín de utilidades.

Grazas Miguel pola túa charla e por deixarnos o teu esforzo e traballo e unha grande aperta.

Podedes descargas ó perrogato aquí.

Presentación de free3d


Non poidemos estar ata o final desta presentación, porque queriamos ir a ver a Pole e a Optrum, polo que me temo que perdimos o final da mesma donde seguramente se puido ver mellor o que esta xente presentaba.
Presentación de desenvolvementos realizados sobre Crystalspace, Blender, Pure Data e outras ferramentas abertas. Comunicación entre estes entornos donde navegando por un mundo tridimensional se ían activando sonidos a través de protocolos midi e OSC.

Visitade a súa páxina web, donde poderedes ver diversos proxectos moi interesantes.

Actuación de Pole


Apenas vimos dous temas da actuación de Pole, porque nos fomos correndo á de Optrum, pero aínda así nos deu moita pena ter que marchar, xa que o estaban facendo moi ben, como podedes comprobar no video.

Actuación de Optrum


Optrum dende Xapón tocaron no Macba. Esta foi a actuación máis brutal de grind core electrónico do Sónar. Formado por Atsuhiro Ito que tocaba cun fluorescente chamado Optron a modo de sensor e o batería Yoichiro Shin. Canciones veloces o estilo Extreme Noise Terror ou Napalm Death dos primeiros tempos. A verdade que gustoume moito o seu directo, fresco e contundente. A única iluminación o fluorescente que parecía modular unha guitarra sampleada. Penso que a xente disfrutou moito a pesar que para velos tiñas que abandoar a Pole. Video. Perdoade polo son que é malísimo, pero vale a pena visualizalo.

Actuación de Raw


Actuación de Toshio Iwai

ver video

Toshio Iwai en el espacio de Santa Mónica amosou coa súa banda a cara máis perfeccionista da tecnoloxía ornamental xaponesa de cacharros dixitáis, cunha actuación moi coidada e quizáis excesivamente quirúrxica. TENORI-ON é a interface coa que fixeron parte da súa actuación, na que modulan unha táboa de 16 x 16 cm no que as luces convirténse nunha especie de timeline modulable, interface que comercializan. O resultado era unha mezcla extraña, entre unha proposta futurista na que convenceume máis o plantexamento e a execución que as composicións sonoras. Video.

Herbert


Herbert
Vídeo enviado por berio

Para rematar imos colgar un pouco da actuación que Herbert fixo no sónar de noite, aínda que a grabación sexa un pouco mala xa que iamos un pouco calzados e non nos daba a cacholiña para máis, pero supoño que de todas maneiras vos apetecerá ver ó doctor en acción.

Tamén disfrutamos moito da actuación de Herbert, aínda que a esas horas todo nos parecía perfecto e o noso criterio estaba un pouco polas nubes.

Pareceunos increíble o despliegue montado en todo o recindo da fira de Barcelona, cual grandes almacenes da música electrónica. Imposible aburrise con semexante feira de atraccións musical. Así é como nos sentiamos, como uns rapaces que os levan por primeira vez a montar nas atraccións dun parque temático. Poderia non ser un parque temático, senón unhas festas patronais, pero eso sería impensable na capital do turismo cultural.

.