Crónica Sónar 06. xoves 18
domingo, 18 de xuño do 2006, por Berio Molina, isaac-cordal.

Crónica do sónar do xoves dia 15. Alí estivemos: Isaac, Antía, Mig, Silvia e máis eu, e aquí vos contamos á xente que fomos ver:

freesound
supercollider
DML
AÄB
Arbol + Onionlab
V-scratch
Kanta Horio
Marina Yanagisawa

Comentarios: Isaac e Berio
Imaxes: Isaac, Silvia, Berio, Antía e Mig

Agardavamos con emoción e ilusión esta cita co sónar. Nunca antes foramos a este festival, e había moitas cousas interesantes para ver e oír, aínda que a maioría delas xa as puideramos ver con anterioridade na cidade como a Kanta Horio, freesound, que xa estiveran presentes no festival OFF ICMC o ano pasado. (ler a crónica alg-a).

Faremos tres crónicas, unha por cada día do sónar, que comezaremos a publicar hoxe, e remataremos a finais desta semana que entra. Como Isaac, Mig e Antía só estiveron os dous primeiros dias, xa que viñeron a presentar o software perrogato, só temos crónicas completas destes dous dias, xa que Silvia e máis eu non tiñamos pases e polo tanto só entramos no sonorama, que a parte de ter a programación máis interesante, era o espazo máis adsequible (entrada a 3 euros, e calidade de escoita estupenda).

O venres conseguimos colarnos para ir ó sónar de noite e tamén temos algún video do que puidemos ver alí.
Tamén vos recomendamos botarlle un ollo ás crónicas que o colectivo zemos98 está facendo do festival, así teredes unha visión máis completa do que pasou

Sonorama:
Presentación freesound a cargo de Bram de Jong


Bram de Jong, membro da comunidade de free plugins smartelectronix, presentou o proxecto que está desenvolvendo dentro do IUA da Pompeu Fabra, en Barcelona, chamado Freesound.
Freesound, como xa moitos de vós sabedes, é un arquivo de sons que poden ser descargados e utilizados polos usuarios de internet. Estes sons están baixo licencias creative commons e proveñen das grabacións feitas polos propios usuarios.
A verdade é que hai un montón de arquivos de tódolos tipos, debido a que son os propios usuarios quen van engrosando a mediateca. Así podemos atopar paisaxes sonoras (cun google map incorporado, polo que podemos visualizar e localizar donde foi recollido o son), samples de instrumentos, sons de animais, de máquinas, ruído dixital, etc...

A presentación de Bram foi un tanto curta e veloz, comentando superficialmente o que nos podemos atopar na páxina, quizáis debido á escasa asistencia do público.

Presentación do software supercollider a cargo de Nick Collins


Xa viramos a Nick Collins e ás súas habilidades co Supercollider no festival OFF ICMC, na metronom (recordar).
Nesta ocasión Nick Collins non veu a actuar, senón a presentar ó seu querido Supercollider.
Supercollider é un entorno de programación que ten a capacidade de xenerar son en tempo real, a medida que se vai escribindo o código. Polo que a parte básica e fundamental do programa, o que vemos cando o abrimos e o que máis manipulamos é unha simple ventana de edición de texto.

Nick Collins basou a súa presentación mostrando pequenos fragmentos de código que facían uns sons determinados. Así por exemplo mostrou como facer un filtro de frecuencia aplicado a unha masa de ruído. Como crear arpexos escribindo o número de frecuencia do son no código, alterando o valor das notas en tempo real. Crear un breakbeat baseandose nas formas do músico squarepusher.

Pero asimesmo Supercollider ten ou pode crear unhas pequenas interfaces de usuario para facilitar a manipulación do audio en tempo real. Nesta presentación poidemos ver unha pequena ventana que funcionaba a modo de pad, para moverse nunhas coordenadas x-y, como si se tratase por exemplo dunha pantalla táctil. Tamén vimos un multipistas que no lugar de permitirche ter un sonido en cada pista, o que che permite, por decilo dalgunha maneira, é ter un código en cada pista. O cal me pareceu, na miña humilde opinión, unha idea estupenda, xa que ó fin e ó cabo, se trata dunha mixturadora de texto, dunha mesa de mixturas de texto.

Presentación de DML Internet Music Collaboration por Sun Electric & Digitalmusician.net


Presentación dun plugin que funciona en dous momentos, o cal creo que é o que o fai interesante. Nun primeiro momento xenerando unha comunidade, e nun segundo momento aplicado a un software concreto.
A comunidade é necesaria porque o plugin está diseñado para a creación colectiva a través da rede, polo tanto é necesario que haxa esta colectividade para que ó instalar o plugin no programa teña sentido e funcione.
O plugin o que fai e que permite a un programa de edición de audio por multipistas, conectar cun usuario a través da rede, e coller o son que este xenera noutra máquina. É decir, grabar na túa máqui o son que outro tipo fai na súa a través da rede de internet.
Este plugin só permite a grabación de unha única persoa, polo que non é posible que varios músicos estean tocando ó mesmo tempo.
Quizáis o máis interesante deste proxecto fose o trasfondo de comunidade, colectividade e comunicación en liña, porque na practica semellaba ter un pouso de comercialidade que facía que a forma da súa función carecese de interés, como podedes ver no video.

Actuación de AÄB


AÄB tocaron ás catro da tarde no sonorama. AÄB / 2 son arxentinos e fixeron unha actuación que tiña os seus mellores momentos cando facían esa estrana mixtura entre música de feira ou de berbena e música experimental electrónica ou o que fose. Con ese organillo cutre que cando máis se alonxaba da forma berbeneira máis se acercaba á sicodelia.

Actuación de Arbol + Onionlab


Arbol (proxecto musical do sevillano Miguel Marín) e o estudio barcelonés Onionlab fixeron unha actuación donde predominou a delicadeza sonora dixital, con instrumentos virtuais como un piano e sección de vento, donde as notas aparecían moi de vez en canto sobre un base atmosférica con bombos que marcaban unha cadencia. As imaxes estaban totalmente sincronizadas co son, de maneira que parecía que o son proviña das imaxes. Unha especie de ciencia ficción das formas, nas que estas se manifestan nun universo moi limitado extructurado nun número moi concreto de parámetros. Donde cada movemento ten a súa resposta sonora, e donde todo sucede baixo as leis da acción/movemento->sinal/sonido.
Esta concepción formal puidemos vela nun maior nivel de complexidade e intención na actuación de Ryoji Ikeda, o sábado.

Actuación de V-Scratch


A actuación de V-scratch foi unha demostración de como funcionaba o programa V-scratch. Cómo ó facer un scratch sobre un xiradiscos un liña que corre hacia un punto de fuga, se retorce na súa perpendicularidade.

Actuación de Kanta Horio


Kanta Horio novamente pasa por BCN despois da súa actuación no OFF ICMC do ano pasado. O artista xápones volveu a amosar o seu peculiar xeito de contruir sons e imaxes modulando magnéticamente obxetos de metal; dous cilindros diminutos e unha arandela nun baile cercano a un ritual de apareamento. A lástima foi que a sala na que se fixo (Macba) a acústica non axudaba e a xente tampouco respetaba o silencio de rigor para este tipo de traballos. Parece que todo ten que ter dobre bombo e chis pum a todo volumen.

Actuación de Marina Yanagisawa


Marina Yanagisawa (Jap). Penso que novamente a acústica da Sala non axudou a que o seu traballo herziano se escoitase ben. O artefacto que utiliza para o seu concerto chamado Howlin e increíble, cilindros de metacrilato que na base levan altavoces que modulan mediante a vibración o son. Zecais ambos traballos se poideran desfrutar mellor no Sonorama en Santa Mónica.

Enviar comentario .