Crónica Sónar. Día 1
xoves, 25 de xuño do 2009, por Berio Molina, isaac-cordal.

Primeiro día no Sónar.

Antes de nada temos que decir que este ano vivimos máis o Sónar dende un punto de vista de turista estranxeiro que se queda maravillado pola calidez da cidade, que polo contrario de local que procura cousas expecíficas que sacien a súa ansia de coñecer e disfrutar de músicas sorprendentes. O cal quere decir que nos deixamos levar totalmente polo encanto dunha cidade como Barcelona e polas súas xentes, de ahí que decidiramos inconscientemente disfrutar máis das relacións persoais que esta cidade brinda tan gustosamente que do meramente musical.
Ao mesmo tempo, parece que este ano o Sónar incentivou especialmente este tipo de comportamento, ofrecendo unha programación máis convencional da que non se requería un gran esforzo perceptivo e deixaba oco a outro tipo de accións humanas.

A toma de contacto comezou cun cocidadán, Mwëslee do colectivo Arkestra vs Chelis, do cal disfrutamos enormemente mentres iamos repasando o programa e preparando o día.

Crónica Sónar. Día 1

Logo vimos un pouco de Néboa, tan só un par de temas antes de ir hacia Rominguer, suficientes para percibir uns sons ben feitos con cacharrada varia e teclados, con interesantes intercalados de samples como chistes do grande Eugenio.

Néboa no Sónar from alg-a on Vimeo.

A Rominguer tampouco os vimos moito, xa que tivemos que alternalos con Néboa, pero sorprendeunos a calidade do son, a sección de vento e a grande presenza. Para apuntar e profundizar máis. O video non fai xustiza.

Rominger no Sónar from alg-a on Vimeo.

Mulatu Astatke & The heliocentrics
Mal son para Mulatu, que a duras penas poidemos escoitar o xilófono. Para o meu gusto un concerto demasiado suave, sen garra. Como música de estudio, sen alma. Pero bueno, é máis unha cousa persoal, os arranxos jazzy de cómoda escoita son demasiado planos como para que destaquen e sobresaian da capa de fondo. Simple banda sonora.

Mulatu Astatke & The Heliocentrics no Sónar from alg-a on Vimeo.

Tim Exile

Tim Exile é un deses seres doutro planeta con moitos tics e unha capacidade de improvisación incribles enrriba dos seus controladores Midi. Xa tivemos a sorte de velo na Transmediale deste ano pasado en Berlín (ler crónicas de alg-a) e no Ether festival en Londres, a súa actividade e moi frenética e aparece na programación de moitos dos festivais máis importantes deste verán (tocará en Cáceres no Ciclo de Creación Electrónica o 24 de Xullo). O seu set comezou manipulando os cinco robots-instrumentos chamados Soundclusters 2 realizados polo enxeñeiro Roland Olbeter, esta parte foi a máis extrana é parecía que non lle daba collido o fío os aparatos, para mín foi un pouco caótica e sen moito interese. Pero cando deu as gracias polo micro a súa propia voz converteuse na base do seguinte tema, aí comezou o que é o seu repertorio, manipulando a súa voz ata convértela en ritmos tremendos cheos de detalles, contra ritmos, glitches, etc. Sen dúbida foi a mellor actuación do Sónar de día.

Tim Exile e Roland Olbeter 1 from alg-a on Vimeo.

Tim Exile e Roland Olbeter 2 from alg-a on Vimeo.

Tim Exile e Roland Olbeter 3 from alg-a on Vimeo.

Tim Exile e Roland Olbeter 4 from alg-a on Vimeo.

Tim Exile e Roland Olbeter 5 from alg-a on Vimeo.

Jon Hopkins

O londinense Jon Hopkins é un pianista, produtor e compositor. Colaborador de Coldplay. A súa música é unha mestura de melodías evocadoras, de pianos e capas de sintetizadores con bases rotas, moi contundentes. O seu set tivo un son atronador. A mágoa foi que pensamos que quizáis tocarían a duo Tim Exile e máis él, pero fixeron as súas interpretacións do Soundsclusters por separado. John Hopkins no comezo do set fixo composicións con atmósferas de notas longas coas máquinas de Roland Olbeter.

Jon Hopkins no Sonar from alg-a on Vimeo.

Jon Hopkins no Sónar 2 from alg-a on Vimeo.

Jon Hopkins no Sónar 3 from alg-a on Vimeo.

Konono nº1

Unha das actuacións que máis queriamos ver neste Sónar era a de Konono nº1, sobre todo apreciar as calidades do seu famoso Sound System construído por eles mesmos que lles da ese carácter sucio e ruidista que tanto chama a atención á experimentalidade internacional. Desgraciadamente no Sónar soaba demasiado limpo e os altavoces do seu Sound System eran simplemente elementos decorativos.
A actuación estivo ben, aínda que se lles vía un pouco fóra de sitio, quizáis abrumados pola frivolidade do público do Sónar en contraste coa súa naturalidade.
De todas formas foi un bo concerto, animado e co público entregado, aínda que xa digo, ao mellor se podía esperar un pouco máis das peculiaridades sonoras que se poden apreciar nas súas gravacións.

Konono nº1 from alg-a on Vimeo.

Institute FATIMA

Institute FATIMA son Paul Rose e Carsten Galle, dous alemáns afincados en Barcelona, que teñen a peculiaridade de practicar o "fiducial dance" como eles mesmos din, que non é máis que xogar cos debuxos (chamados fiducial) empregados no reactivision, para facer todo tipo de trucos de "computer vision".
Así empregaron os fiducial para tocar a guitarra e tamén para facer certos sons extranos. O cantante tamén empregaba unha wii que basicamente modificaba a súa voz.
En definitiva o concerto foi gracioso con moita chispa e orixinalidade. Sempre se agradece ver cómo a xente emprega estes recursos tecnolóxicos dende o punto de vista do humor.
Especial atención mereceron os visuais.

Institut FATIMA no Sónar from alg-a on Vimeo.

Imaxes:

JPEG - 122 KB
JPEG - 164.8 KB
JPEG - 132.5 KB
JPEG - 97.5 KB
JPEG - 141.6 KB
JPEG - 103.8 KB
JPEG - 117.5 KB
Enviar comentario
Comentarios
27 de xuño do 2009 04:47, por Gisela

Bueno, bueno, que ben o pasades…

biquiños e saúdos para todos os galegos por allí.

29 de xuño do 2009 01:12, por Berio

Jei Gisela!
Que vaia ben ahi por Granada!
:D

28 de xuño do 2009 12:55, por Antia

noraboa rapaces, que gusto leer as crónicas dende Tomiño...bicos!

29 de xuño do 2009 01:11, por Berio

Faltábanos unha compi!!

.