Crónica Sónar. Día 2
mércores, 1 de xullo do 2009, por Berio Molina, isaac-cordal.

Quayola

Quayola é un artista afincado en Londres. No seu traballo mestura deseño gráfico, con vídeo e son. A súa actuación no SónarHall foi moi aplaudida e espectacular, os seus visuais ían sincronizados co audio perfectamente, formas xeométricas, liñas, de cores diferentes, etc.

A peza "Path to Abstraction", é un perfecto exemplo do seu modus operandi, que explora a relación entre audio e vídeo inspirándose na representación física do son mesmo, para poder "ver" as ondas sonoras ao mesmo tempo que as escoitas.

Ver vídeo de Path to abstraction

Quayola no Sónar from alg-a on Vimeo.

Ryoichi Kurokawa

Moitos dos artistas desta edición do Sónar puidemos disfrutar deles na Transmediale deste ano, Ryoichi Kurokawa, Alva Noto, Micachu and the shapes, Tim exile, John Hopkins, Sdn, e algúns máis. Nese senso o feito de ver as bandas dúas veces tes unhas expectativas que non tiñas a primeira vez, onde a capacidade de sorpresa foi moito maior. Polo tanto a actuación de Ryochi Kurokawa, o ter un referente, prometía ser tan impáctante como na súa actuación da Transmediale. Non defraudou.

O feito de que os espazos foxen totalmente distintos incidiu en que o comportamento do público tamén o fose. No concerto de Berlín o público estaba sentado nas butacas do Haus der Kulturem der Welt, e en Barcelona o público estaba de pe e co murmullo que implica un festival tan masivo como o Sónar, para min isto afectou a hora de disfrutar do xaponés. O discurso sonoro de Kurokawa ten moitas paisaxes suaves onde os silencios son moi importantes para despois romper todo con estrondosas composicións que van dun lado a outro dos altofalantes sincronizados perfectamente coas imaxes. A pesar do murmullo do público a súa actuación foi impecable. Imaxes evocadoras e orgánicas confrontadas con filtros dixitais. Nesta ocasión tiña unha proxección menos, é dicir, tres pero isto non mermou o seu traballo.

Ryoichi Kurokawa no Sónar from alg-a on Vimeo.

Micachu & The Shapes

Segundo a Wikipedia, Micachu é Mica Levi, filla de músicos que escomezou a facer música a idade de 4 anos. Estudou viola, violín e composición. Mentras era estudante no Guildhall School of Music and Drama a London Philharmonic Orchestra encargoulle unha peza orquestral que se presentou no Royal Festival Hall en Abril do ano pasado. Micachu, máis Raisa Khan nos teclados e Marc Pell na batería forman a banda The shapes. Despois de editar dous singles no ano 2008 aparece o seu primeiro disco chamado Jewellery en Marzo de 2009, producido por Mathew Herbert e editado polo selo Rough Trade Records. Dende entón non paran de tocar, neste mes de Xullo de xira polos EEUU. O seu concerto no Sónarhall foi fantástico, unha extrana fusión entre electrónica, pop e grunge con estribillos moi pegadizos.

Micachu and the shapes no Sonar from alg-a on Vimeo.



Micachu
tamén ten feito Mixtapes que pódense descargar libremente dende o seu myspace, os traballos son Filthy Friends (Feb 27, 2008) e Kwesachu. Vol. 1 with Kwes (June 5, 2009).

Micachu & The shapes myspaces

Bèstia Ferida

O concerto de Bèstia Ferida tivo lugar nunha capela do século XV (Antigua Iglesia del Convent dels Àngels) que pertence os espazos expositivos do Macba, onde este ano estaba situado o escenario Sónarcomplex. Como vos podedes imaxinar a súa acústica e entorno é espectacular.

Bèstia Ferida son Adrián de Alfonso, Arnau Sala e o trompetista Mark Cunningham (icono da no wave de Nova Iorque colaborador de múltiples bandas como Convolution, Mars, Don King, Aleatory Grammar, etc). A súa música é unha mistura de jazz, post-rock é improvisación cun son moi contundente. Unha ledicia velos neste entorno.

O seu derradeiro traballo no 2009 leva por título "Wounded". Editado en Scumbag Relations (us), Isolated Now Waves (can), Discos de la Flor Solar (sp) e Ozonokids (sp).

Bèstia Ferida from alg-a on Vimeo.

Enviar comentario .