O SonarMàtica deste ano foi realmente escaso, senón que llo pregunten a Blanca Rego de mediateletipos.
Sen dúbida esa é a percepción que sen ten da exposición logo de visitala. Pouco contido e o que é máis grave para un evento que presume de ir por diante do tempo e vivir no futuro, previsible, anecdótica, sin presentar nada novo e polo tanto aburrida.
Por un lado tiñamos os traballos da IUA-UPF, que non son máis que a Reactable e derivados. O cal está moi ben, pero que dada a saturación que temos xa, pois sen dúbida houberamos disfrutado moito máis de alg-o diferente. Aínda así hai que decir que hoxe en día a Reactable e todo o que a rodea é o proxecto a seguir en canto a sistemas multitouch e computer vision a nivel mundial. Proxectos como o NUI group ou como en multiples universidades se comeza a desenvolver co sistema creado polo grupo de Sergi Jordá (este ano no RIT en Rochester, vin varios abortos de Reactables), cando estes xa levan con el bastantes anos, xustifica que se siga apoiando e difundindo. Pero insisto, para o público local, e un pouco especializado, resulta aburrido e cansino, especialmente cando parece que tan só existe a Reactable como producto nacional exportable.
SongExplorer de Carles F. Julià
The Physical Value of Sound é unha serie de pezas que presentou o xaponés Yuri Suzuki. Este traballo recibiu recentemente unha mención honorífica no Ars Electronica 2009 no apartado de Arte Interactivo. O seu traballo consistía en tres instalacións na que as agullas dos xiradiscos, tanto en movemento como traballando en grupo, facían un novo revival do uso do vinilo. A presentación era moi coidada. Un traballo que lembraba a Nan June Paik. A verdade que o resultado convertía as pezas nun discurso máis visual que sonoro e deixaba un poso de algo xa feito antes.
The Physical Value of Sound. Yuri Suzuki
The Physical Value of Sound. Yuri Suzuki
Telenoika.net presentou o que denominan L’Orquestra dels Luthiers Drapaires, que non é outra cousa que a reutilización de desfeitos tecnolóxicos para distintos fins relacionados coa creación. A súa instalación a tiñan despregada a modo de anticuario, en estanterías, cacharrada a cal resistíase a perecer nos contedores de vasoira. Na nosa visita a expo coincidiunos coa súa explicación didáctica do proceso de reciclaxe e novo uso de cada aparato alí exposto. O que máis chamoume a atención foi o proxector de opacos convertido en videoproxector. Penso que Telenoika salvaron un pouco o discurso do “Faino ti mesmo” que a programación do Sonarmática anunciaba con Mecanics, artesanía do terceiro milenio, xa que o seu modus operandis da moito xogo para reciclar e incluso pisar o menos posible unha tenda de repostos electrónicos.
Un proxeto realizado por Santi Vilanova, Xavier Viadé, David Sarsanedas, Olga Solà e Eloi Maduell.
Xente de Telenoika durante a súa presentación.
Roland Olbeter é un artista alemán, nome de referencia no ámbito da enxeñería robótica, deseño escenográfico. A verdade que non puidemos ver na mostra o seu traballo chamado "Soundclusters 2" en acción, pero tivemos a oportunidade de contemplar a manipulación que fixo Tim Exile no seu set do Sónar Hall, no CCCB, que foi un tanto caótica e lonxe do que o músico alemán fixo despois co seu repertorio de improvisacións. O son de Soundcluster 2 e moi de plugin, digamos que e moi dixital.
"Soundclusters 2", unha serie de catro instrumentos de corda e un tambor, é unha plataforma na que músicos e compositores de calquera corrente musical poden experimentar. Estes instrumentos funcionan mediante actuadores pneumáticos e electromecánicos que actúan sobre as cordas.
Vista xeral de "Soundclusters 2" de Roland Olbeter con Berio e un colega grabando.
Institut FATIMA son Paul Rose e Carsten Galle, alemáns residentes en Barcelona e fundados en 2006. A súa instalación chámase El sistema Reacball, no que unha pelota de fútbol, unha cámara, un computador e un controlador MIDI xeran unha remestura de sons, pistas, mostras e descoidos. A pelota permite xerar secuencias aleatorias de notas MIDI que descontrolan un arranxo musical. O controlador MIDI recontrola dialécticamente o descontrol. Así se provocan resultados sorprendentes a través dun proceso creativo e intuitivo. A min gustaríame ver a pelota rodar por un espazo, xa que na instalación a podías mover enriba dunha especie de peana e limitaba un pouco o seu potencial caótico.
"Non hai control absoluto, senón unha dose de descontrol que alimenta a creatividade" comentan Institut FATIMA
Imaxes: