Crónica Transmediale.09 #1
mércores, 28 de xaneiro do 2009, por Antia, isaac-cordal.

Comezamos coas crónicas desde Berlín sobre o Transmediale.09. A verdade que queriamos escribir moito antes pero a cidade, e os distintos espazos e eventos, non nos deixan moito tempo para sentarnos diante do ordenador a teclear. Iremos subindo as crónicas neste próximos días.

Coa porta de Brandeburgo como telón de fondo atopámonos coa instalación urbana de Hermann Josef Hack titulada Climate refugee camp que consiste na recreación dun campo de refuxiados a pequena escala. Este proxecto comezou fai 15 anos como denuncia á problemática do cambio climático, que é o tema central de Transmediale.09. Ao visitar a instalación puidemos charlar con Hermann que moi amablemente informounos do proxecto e regalounos con dedicatoria incluída un catálogo de Climate refugee camp.

Transmediale.09 desenvólvese en varios espazos á vez en Berlin, a pesar de que mañá é inauguración oficial, as actividades do festival veñen desenvolvéndose desde o día 23 con workshops, performances, etc e divídese entre o que é a programación de día e o Club Transmediale, pola noite. Para seguir o festival en directo, Transmediale.09 vai transmitir os eventos via streaming desde dous dos espazos do Haus der Kulturen der Welt. Para velo click aquí. Tamén un podcast de radio estará activado durante parte do festival. Para escoitalo click aquí.

Un dos puntos é o Kunstraum Kreuzberg / Bethanien onde onte estivemos para ver varias instalacións e o ambiente dos workshops. Este espazo é unha especie de escola de música, bastante grande e con moito encanto. Un par de muros antes de chegar vimos unha pintada de Pelukas.

Na entrada do recinto atopámonos a instalación sonora "Skinstrument 2" do holandés Daan Brinkmann. O son é modulado polos espectadores que exercen de condutores do campo eléctrico dun a outro dispositivo, xerando texturas sonoras interesantes. Pódese ver un vídeo aquí

Reflection é unha instalación dos artistas alemáns Andreas Nicolas Fischer e Benjamin Maus inspirada nunha peza musical de Frans de Waard (Goem). Os datos das frecuencias sonoras gravadas nunha peza 3d que recorda a unha paisaxe dixital.

International Dance Party é unha instalación interactiva realizada por Adad Hannah [QC/CA] e Niklas Roy [DE]. Este proxecto ben podería ser a versión moderna daquelas caixas de música por corda. Cando accedes á habitación tan só ves unha caixa negra a que se vai activando cos bailes do publico que entra na sala (sensores). Comeza con música e acaba converténdose nunha discoteca portátil, con bola, láser, e ata fume. Máis dun querería tela na súa casa. Pódese ver un vídeo aquí

BANCO COMUN DE COÑECEMENTOS
Transferencia e accións no territorio común do coñecemento.

Platoniq (Susana Noguero, Olivier Schulbaum e Ignacio Garcia) presentaron e difunden o seu interesante proxecto do Banco común do coñecemento no KKB. Este proxecto leva crecendo desde o 2006, ano no que presentouse como proxecto piloto buscando o potencial da colectividade como transmisora de coñecemento por medio das capsulas de tempo potenciando a creación dunha rede de laboratorios onde experimentar con novas formas de produción, aprendizaxe e participación cidadá.

A seguinte instalación Soundmuseum.fm, que data do 2008, esta feita por Nathalie Bruys e diseñada por Katja van Striphout. Consiste nunha sala con ordenador central conectada a altofalantes independentes colgantes en forma de bola de múltiple cores polos que sae unha selección previa feita de samplers de son.

Por ser o primeiro en ler a crónica de "pe a pa" tes premio ::: O COMPILATORIO OFICIAL DO TRANSMEDIALE!!!
vete a zero-inch.com/hello/ctm09
segue as instrucións
mete o código secreto: 8430 2807 8621 7984

Comentarios
28 de xaneiro do 2009 11:59, por Gisela

Jo que guai! se la están pasando pipa! Muy bonita las crónicas, y los espacios y los objetos.. bueno aprovechen para aprender ahora que están en el preview, luego... será una ola de información nueva!
Saludos,
Achtung Baby!!!

29 de xaneiro do 2009 08:35

Esta cronica promete!! que suerte estar por ahi!!

29 de xaneiro do 2009 20:00, por Berio

Boa esa crónica!

eu dinlle ao codigo pero non foi, supoño que non fun o primeiro...

30 de xaneiro do 2009 12:32

Gracinhas por todo, supoño que debín ser o primeiro en aproveitar o código e polo tanto compartirei o compilatorio con quen o desexe. Deixo o meu correo sxhhhh@gmail.com

Mon. http://www.myspace.com/xaosshhh

.