Acudimos a varias proxeccións de un par de horas cada unha as cales estaban divididas en temáticas.A do primeiro día chamábase re:nature título moi suxerente para enmarcar a natureza nun entorno dixital:
"Host" de Trish Adams propón un vídeo de reflexión através dunha acción na que unha man con mel é o atractivo dun grupo de abellas que cunha mel dada desprazan os seus instintos e acomódanse na mel industrial que a man lles ofrece.
"Brown" de Vereena Mass
Brown é o título que Vereena elixe darlle a este traballo desbordante dun collage de cores e contrastes que surxen da grabación nos que se confunde a natureza co artificialidade dos parques temáticos adicados o ocio poñendo en entredito aos propios usuarios. Planos cortos, estáticos, nos que o ser human interfire en paisaxes coma unha estación de ski artificial, piscinas rodeadas de palmeras de plástico e trampantoxos suxerindo paisaxes exóticas.
"Trifter 1" de Rainer Gamsjäger
Traveling ida e volta dunha paisaxe cun efecto dixital no fondo que o convirte nunha paisaxe artificial.
"Secret life" de Joanna Hoffmann
Fai unha recreacion de efectos e imaxes cientificas nun all over painting con mensaxes entre planos sobre a vida.
"Reise zum Wald" de John Staeger y Bil Bog.
Un vídeo sobre a natureza, cunhas metáforas pulmón -árbore,inspiración -inverno , expiración -verano -coas follas novas e remata cunha deriva de imaxes que nos transportan cada vez máis lonxe da cidade introducíndonos no puro bosque.
Día 2: Ciclo Distant Grounds
Unwavering (Sisyphus) de Etta Säfve
Vídeo de corte poético lanzando pensamentos entre a natureza, a cultura e o home cunha intervención nun exterior por parte dunha persoaxe que coloca flores de papel nunha árbore para que o vento as leve.
Jardim Invisivel (Invisible Garden) de Roberto Bellini
Travelins en planos e planos fixos dunha zona arbolada dunha cidade pequena.
Distorted Areas 0.1 de Manuel Knapp
Interferencias de imaxe e son en blanco e negro
Minot, North Dakota de Angelika Brudniak e Cynthia Madansky
_
Minidoc moi interesante da cidade que apoia, finanza e traballa a pro das forzas armadas en EEUU con testimonios de rapaces que se sinten enganados nas escolas.
Unknown Unknown(s) de Mark Boswell
Vídeo cómico que dobla en subtítulos trozos de peliculas de Jean Luc Godard adaptado ós tempos modernos falando dende Bush ata o estado actual do artista.
Unfinished Harbor (Narcissus) de Etta Säfve
Outro vídeo de corte poético, cun percorrido polo bosque con zoom e planos fixos con intervencións nas árbores atando páxaros azuis de papel aderezados cun texto que fala do cambio climático.
Vídeos permanentes na expo:
Na sala central da Haus der Kulturem der Welt destacamos unha peza de Cristian Nicoli que filma a un grupo de xente xoven berlinesa no oceano con flotadores brancos como recén pasada unha catástrofe e failles uns retratos a plano fixo de como é o seu estar no mundo,asi, esperando a ser rescatados. A maioría saen sorrindo como agradecidos á catastrofe, como si por mor da traxedia as súas vidas cobraran sentido.
O cuarto día asistimos a un pase de videos antiguos dende os 60 que amosaron máis un lado documental que propiamente videoarte.