Os pasados días 10 e 11 de Novembro celebramos as Xornadas alg-a á superficie na Sala x da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Un encontro a modo de presentación física da comunidade-web de Alg-a no ámbito universitario.
Aproveitando a celebración do Sonora 2005 no Cuvi en Vigo puidemos contar coa presencia de Voluble dende Sevilla, asi como de organismos Alg-a.
Agradecemos dende aquí a participación de tódolos artistas nas performances e concertos, as charlas etc. que fixeron posible coa súa presencia desinteresada o evento. Tamén facer fincapé na necesidade de poder realizar este tipo de iniciativas cun orzamento mínimo, que neste caso foi de cero euros. A necesidade de valorar o traballo e sentirse ben co que fas. Darlle as gracias tamén ó decanato da facultade, a Delegación de alumnos e tódol@s que dalgún xeito estiveron axudándonos nesta proposta.
Nestas xornadas presentamos o software Perrogato, o recopilatorio do Net label de Alg-a (que pronto subiremos como referencia), a Mediateletipos, a plataforma Zemos98 etc. Aquí van algunhas fotos do evento, se queredes ir subindo algunhas máis podemos facer o dossier on line.
Ei!, que vos recordos dos dias que pasamos nas xornadas alg-a, xa me tarda a que nos reunamos outra vez.
O Pablo ten todo grabado en video, creo que quere facer unha especie de reportaxe, eu non teño documentación de nada, nin tan sequera fotografías, pero lle dou un toque ó Pablo a ver si me pode enviar as cintas e xa saco algún documento.
Veña algas, noraboa a todos e vémonos no nadal.
berio