Eiquí están as impresións de Xesús e Roi, sobre os días pasados na aldea de Nodar, no simposio internacional Pushing the Medium.
O pasado xoves vinteún de setembro, saímos de vigo moi cedo dirección Nodar, en pleno temporal de chuvia e vento. chegamos alí ó mediodia.
Luis presentanos a toda a recua, que xa leva traballando in situ cos seus proxectos dende fai unha semana, agas Silvia que leva case un mes, ainda que parece que leva toda a vida alí.
Luis dille a Roi se quere engadir á presentación da sua instalación, a do colectivo alg-a, no instituto tecnolóxico de Viseu ó dia seguinte. Despois dunhas horas de estar alí, xa falaramos de audio, software, heavy e mil cousas mais, incluidas air guitars, cos "yokos" (Iñaki e Nati _los lirios del bosque), con Rui, Luis, Adán, Manuela, pablo, Ingrid... e para celebralo, chimpamos varios chupiños de licor café que levaramos para Nodar.
De ahí a un rato, Roi decide traballar un pouco e ir grabar ás xentes da aldeia para despois ser utilizadas na instalación que vai presentar o sábado, que leva por titulo "a proxy-macións"
Imos aló, e xa na ponte, encontramos a tres mulleres da aldea. decidimos abordalas...pero elas abórdanos xa antes de chegar. Este foi o momento onde coñecimos a Balbina, que convidounos a subir a sua casa, onde vive con Manuel, o seu marido. descargade eiquí as fotos en zip Rexistramos as conversas que mantivemos nun minidisc, mentres faciamos algunhas fotos na casa, sen perder de vista o viño, ó que convidounos manuel, xunto cos petiscos que fai balbina.
O caso é que a partires de eiquí, xa estabamos a sentirnos como na casa.
Esta primeira noite, a xente marchou cara o teatro municipal da Guarda, para facer as performances programadas para esa noite.
Nos non fumos ali, unha porque xa habiamos feito kilometros dabondo ese dia,
e porque tiña que rematar a instalacion.
o caso e que pronto caemos rendidos e durmimos coma troncos.
zzzzzzzzzzz
o venres levantamonos moi cedo para ir camiñar, bordeando a aldea por o rio,. Pensamos grabar cousas, pero ponse a chover que nin dios, e voltamos a casa coma pitos. De contado, saíamos para as presentacións e talleres programados na escola superior de tecnoloxía de Viseu, onde nos convidaran a facer a presentación da comunidade. Alí o ambiente é moi distendido, e xa imos collendo confianza con toda a xente involucrada no evento, facemos unha pausa para xantar caralludamente no self-service, e seguimos coa presentación do software Lloopp de klaus.
A presentación de alg-a.org foi todo un éxito, boa parte dos asistentes xa coñecían a web, pero afondamos no tema do espazo físico.
Decir que Roi tivo algún problemiña coas conexións, e antes de salir de Viseu pasamos por unha tenda a mercar o típico cable que che deixa tirado, acompañounos Pablo Rega, outro galego, que vive en barcelona. cando chegou o sabado, todos estaban con moitas ganas de presentar os seus traballos, non faltaban os nervos previos a estas cousas, pero finalmente saiu todo moi ben.
as xentes de Nodar mimaban os detalles da cea e os postres que estaban a preparar como fin de festa. tanta xenerosidade fixo que o bo rollo estivese sempre presente, e que na cea, os mais timidos se botasen a pista de baile, ainda que sairan da man dalgunha muller da aldea case a rastro. foi unha autentica verbena, na que non faltaron os saúdos (video lo-fi ) para ALG-A e GALIZA. Isto, levounos a baixar unha garrafa ( o que quedaba ) de licor cafe para os veciños da aldea. a xente estaba coma tola probando, e preguntando de que carallo estaba feita aquela brevaxe. (mer, o licor de monxas foi un exito !! mil grazas)
xa ás tantas, Fernando, que é un autentico alquimista, convidounos a sua casa a probar toda a colección de licores que el mesmo fai, de forma artesá, de todo tipo de froitas. klauss, tamém de forma artesá, aprendeu a decir: outro chupito, con dous collóns !
O domingo, o último pequeno almorzo estivo cheo de resaquiñas, intercambio de mails, telefonos e direccións, antes de ir xantar a Parada,(o pobo que está na cima) onde despediríamos o grupo, con fotos, apertas, a promesa de seguires en contacto, e traballar xuntos proximamente. A experiencia de coñecer e convivir estes catro dias coa xente de Binaural, e cos habitantes de NODAR foi increible, alg-o moi especial sen dubida, e un regalo para os sentidos.
Temos que decir, que ainda que parezca que andivemos de troula,
traballouse a reo, e sen descanso en todas as instalacions que se presentaron. Non falamos moito de "arte"...ou tal vez si.
TODAS AS ALG-AS queren dar as grazas a Rui, Iñaki, Nati, Adán, Pablo, Silvia, Cristina, Ingrid, Manuela...por kañeros,
de maneira "moi especial" a Luis, por estar sempre ahí, cando o necesitabamos.
gracias tamén a klaus, Antonio, Max, Kurt, Paulo, André, Francisco e John.
non a de pasar moito ata que nos volvamos a ver,
ata entón,
Todo o millor para a xente de Nodar !
alg-apertas para tod@s !
Xesús Valle + Roi Fernandez 28/09/06
>INFO>>FOTOS
Los lirios del bosque
Proyectohombre
Binaural
Mais fotos en FLICKR
saludos desde el ladrillo. a uno por lo menos lo esperamos en febrero a sentir la fuerza del aire.
abrazón
esos yokos !! cago en to, claro que nos vemos en la ladrillada.
apertas gordas
olá desde deste lisboa! muito bom o vosso diário!!! vemo-nos em breve, onde quer que seja: vigo, nodar ou lisboa :) forte apreta rui
grazas rui ! estamos ahí.
apertas de tod@s