Crónica da visita ó parque Braziers
xoves, 27 de novembro do 2008, por Antia.

Estando en Londres quixen coñecer un espazo que so coñecía através da pantalla como residencia artística nas aforas de Londres.
 O parque Braziers me chamara a atención xa que tocaba varias disciplinas como o arte, a socioloxía, cursos de todo tipo, todo iso nun marco bastante peculiar:
 Esta enmarcado nun área de 25 km2 que mercou Norman Glaister(Psiquiatra e sociólogo) en 1949 para adicalo a un experimento sociolóxico de estudo de como conviven as comunidades , os planteamentos, a problemática,etc.(Experimento ideado polo propio Norman e Wilfred Trotter)
 Norman viviu á 1ª e 2ª guerra mundial, perdeu a súa muller no 1918 e investiu a maioría dos seus cartos neste proxecto innovador.
Un dos experimentos, que resultou ser bastante vangardista, foi o de ser un dos primeiros en traer a Braziers a traballar a un grupo de alemáns xusto despois da segunda guerra mundial.A pretensión foi a de integración de grupos sociais de risco nunha sociedade doída.

 Agora o parque Braiziers acolle na sede central(un castelo feito de cemento) a chamada “School of integrative social research” seguindo a labor encomendada por Norman.Pero convina un montón de iniciativas como festivales, residencias artísticas, residencias de proxectos pilotos, etc...


Castillo braziers from Antia on Vimeo.

 A nosa experiencia vivencial:
 Chegamos case de noite, despois de 2 horas de viaxe e fumos atendidos por Cindy, unha muller cunha longa melena chea de canas e un amplo sorriso. Cindy sorprendeuse da nosa chegada sen avisar, pero enseguida entendeu o noso interese por iso non dubidou en facernos un pequeno tour.

O espazo se compón de:
 O castelo, onde son as residencias artísticas, de voluntarios e tódolos espazos comúns, salas de exposición,sala conferencias, cociña etc.
 Areas de cultivo onde poñen en práctica a permacultura, areas de ganado con ovellas e un par de porcos que son alimentados conscientemente para ser comidos polos non vexetarianos.O que pretenden é ser autosuficientes.
 Unha ladeira destinada a festivales.
 Un montón de casas baseadas na ecoconstrucción feitas por voluntarios para talleres e invernadoiros.
 Unhas cantas casas onde teñen residencia fixa unhas familias nas cales había membros moi implicados no proxecto.
_


Untitled from Antia on Vimeo.

Cindy tamén nos explica a súa experiencia persoal no proxecto, leva anos traballando aquí e é das que teñen unha casa dentro do recinto cunha familia e fillos. Afirma que ten un traballo fora das instalacións dous días á semán, sendo así máis consciente do mundo “real”.

 Nos, explicámoslle un pouco a nosa versión reducida do LAB, os nosos intereses e acabamos falando dun festival que organizan en verán no que se pretende unir a música e as enerxías renovables, poñéndonos un exemplo moi simpático:
 Un ano, o equipo de son dos concertos era alimentado através dun mecanismo que producía enerxía non contaminante. Este mecanismo consistía nun montón de bicicletas unidas as cales ó longo de pedalear nelas producen a enerxía para amplificar o concerto.O propio público turnábase para colaborar nesta acción.
 Todo isto foi contado mentres paseábamos entre as casetas, polo que tamén nos comentaba os proxectos que estaban tendo lugar nese momento. Na casa-taller de madeira había moita xente traballando, e nos contou que eran arquitectos de Londres que pediran o espazo para facer un prototipo de caseta-invernadeiro para que puidesen durmir xentes sen teito nun pais de África.
 Se fixo algo de noite, por iso pasamos ó interior e vimos as instalacións, o interior seguía parecendo un castelo, con ese tipo de mobles rococós, teitos altos e esa escuridade romántico-misteriosa.

Tomamos un té con Cindy para despedirnos e falamos de moitas outras cosas...interesoume especialmente a figura de Norman Glaister polo que lle pedín información bibliográfica pero dixo que nunca publicara nada dos seus estudos, que todo o material manuscrito se encontraba na biblioteca e que solo se podía consultar alí.
 Tamén falamos do apartado do voluntariado. Este parque esta aberto a recibir a xente de todas partes a cambio de que se traballe alí nos proxectos que se estean a desenvolver, a estancia mínima é 1 semana e a máxima 3 meses.Trabállase unha media de 5-7 horas en apartados diferentes e se participa nas actividades de lecer.
 En ningún momento falamos da manutención deste lugar, aparte de ter patrocinadores pensamos que se debe manter cunha iniciativa privada.

.