Pasados xa algúns dias dende que fomos a Xuño, trala invitación de nenoescuro, a pasar un estupendo fin de semana en compañía das alg-as, aquí vos deixo unhas poucas liñas e unhas cantas fotos para que recordemos todos xuntiños os bos momentos vividos.

Agradecer a nenoescuro a súa hospitalidade e as increíbles empanadas de algas que preparou coas súas ancestrais e herdadas palabras máxicas.

Aquí vos deixou algunhas imaxes da xuntanza.

Unha aperta a todos, e ata vérmonos de novo.

berio

Chegamos a Xuño o Sábado pola mañá, despois de facer unha pequena parada para coller comida e bebida para a xuntanza en Riveira.

Pasamos toda a mañá na casa de nenoescuro, tomando uns pinchos, bebendo viño, tumbandonos nas amacas e protexendonos do sol. Na comida chegaron o resto das alg-as que faltaban e nos preparamos para dar unha volta polas lagoas e a praia das Furnas.

Levabamos os micros, e os minidisc, xa que estabamos dispostos a levar unha completa reportaxe de paisaxes sonoras da zona, e poidemos contemplar como esta é unha zona dunha grande beleza.

As lagoas estaban secas, pero seguían mantendo a súa fermosura, como podedes ver nas fotos, e a praia tiña as olas máis grandes nas que xamais nos bañamos, de feito unha ola me levou as miñas gafas.

Logo pola noite fixemos unha jam sesión con frautas, portátiles, campás e mandalas, que rematou practicamente en berbena, gracias entre outras cousas ó licor de monxas que trouxo o plumber.

Ó día seguinte xa nos tocaba irnos, e pasamos a mañá vendo uns videos de Pablo sobre un encontro alg-a e algún que outro documental que o Chiu trouxo para a ocasión.

Logo comimos as riquísimas empanadas do nenoescuro e ó rematar puxémonos a facer un experimento con ondas sinusoidais que movían unha pranxa de metal con sal. A intención era ver si conseguiamos que se xeraran certas figuras xeométricas, como viramos nun video pola mañá. O experimento foi como si estiveramos na guerra do líbano, polas altas amplitudes e frecuencias do son.

Logo nos fomos despedindo e á volta fomos polos castros de Baroña, donde gravamos unhas cantas paisaxes sonoras e vimos saltar ós arroaces á posta do sol.

Enviar comentario
Comentarios
7 de agosto do 2006 23:32, por plumber

ay, que ben o pasamos !
xuntanzas de estas tiñan que suceder mais amiudo.
as empanadas, caralludas.
beries, xa che envío en breve as fotos dos flautistas autistas !
e o licor de monxa non o levei eu,
eu levara choco bons.

8 de agosto do 2006 00:41, por berio

Xa che digo que si. Os choco bons estaban moi bons tamén. Aiii, cando facemos outra?

3 de outubro do 2006 05:08, por plumber

langrán !
algún dia haberá que subir o resto das fotos (lurpia)

3 de outubro do 2006 05:32, por berio

Oíchessss, non te olvides de mandarme tamén as fotos das paisaxes sonoras que fixemos ó lado da casa do nenoescuro, que xa subin os sonidos pero me faltan as imaxes. Por certo, toda esa zona que gravamos xa non existe, quero decir, está toda queimada, e os bichiños e paxaros que podemos oir na paisaxe xa non se poderán oir ahí en moito tempo, en fin...

.