Crónica de Alg-a Lab no mov-s 08
martes, 17 de xuño do 2008, por nela que.

Onte, luns 16 de xuño, unhas alg-as (Gonzalo, Gus, Roi e Nela) saímos dirección á illa de San Simón onde íamos presentar o ALG_A LAB dentro da programacíon do mov´s Galicia 2008 (Espacio para el intercambio internacional de la danza y las artes del movimiento). Un reencontro para algúns de nós co lugar así como con algún vixiante que nos recoñeceu enseguida e co que conversamos do que foi Fronteiras07 o ano pasado entre outras cousas como a lamentable noticia do falecemento do can Antonio (agora está só Simón).

Á nosa chegada á illa nun catamarán nada comparado co barco de Ramón (o noso Caronte especial), vímonos gozando dun sol fantástico ademais de asistir a indescritibles actuacións de danza que ían sucedendo simultaneamente por todos os recunchos da illa, desde o camiño de Buxos, a capela co Aquófono de Parto ata a esplanada dianteira do comedor, etc...

Foi grato o reencontro con aqueles espazos inesquecibles que nos acolleron durante aqueles días de Setembro, asombrándonos coa multitude de xente que agora estaban alí compartindo actuacións, conversacións e demais.
A maior sorpresa chegou cando atopamos camuflado entre a xente ao noso querido Neno Escuro (Rafael Xaneiro) que exercía para a ocasión de currante de son...

A exposición-presentación do ALG-A LAB tivo lugar nas salas de conferencias ás 17:30 h. Alí congregouse un numeroso grupo de xente que apenas cabían na sala. Todo saíunos segundo o previsto a pesar de que en 15 minutos de reloxo é complicado dicir todo o que temos que dicir...pero a acollida do publico foi espectacular, xurdiron múltiples contactos e recibimos numerosos halagos.
Compartimos mesa con Roberto Taboada, coordinador de actividades do ALT (Festival alternativo das artes escénicas) de Vigo. Valentina Desideri, artista Italiana e co-organizadora do proxecto "sweet and tender collaborations/SKITE 2007" e Jordi Fondevila, director artístico do Festival NEO de Barcelona, director da compañía de teatro Atolladero e membro coordinador do proxecto PLATAFORMA.

Foi ás seis e media cando a illa volvía quedar soa e en silencio, mentres eramos transportados ata o peirao de Cesantes.
Unha vez alí os que antes estaban en San Simón fóronse en autobuses cara a Pontevedra onde lles esperaba unha cea de pompa así como outras actuacións pola cidade.
Os alg-as decidimos tomar unhas canas no bar do peirao, rodeados de lobos de mar e sorrindo á caída do sol.
Aquí deixámosvos unha selección dos mellores momentos da tarde...e esperamos que a illa vólvase pronto a encher de alg-as.

(grazas a Gus polas fotos)

Crónica de Alg-a Lab no mov-s 08
Enviar comentario
Comentarios
17 de xuño do 2008 14:12, por Berio

Ahí ahí, fenómenos!

Unha crónica moi sentida, Nela, transmite moito cariño.

Apertas.

18 de xuño do 2008 02:11, por is

Estou dacordo con Berio sobre a crónica.
E que lembranzas!

18 de xuño do 2008 04:11, por Antía4

Que pena non haber estado, pero si que é unha crónica que nos achega moito!
Apertas!

18 de xuño do 2008 15:49, por madamme

inda que un día peghounos un susto de morte, descansa en paz, can Antonio

.