Crónica de TORALLA A ILLA PIRATA
venres, 26 de setembro do 2008, por Antía .

II Reconquista de Toralla

O Colectivo Xogo Descuberto con apoio doutras asociacións convocou o pasado domingo, 13 de setembro, a Reconquista de Toralla.
Crónica de TORALLA A ILLA PIRATA
As 18:00 horas estábamos citados no comezo da ponte vestidos de piratas e dispostos a abordaxe, uns camiñando pola ponte e outros coas súas embarcacións polo mar, para manifestarnos en contra da especulación urbanística e a aberración arquitectónica ( o exemplo claro é ese edificio de apartamentos na illa tamén chamado comúnmente “o grano de Vigo”).
Crónica de TORALLA A ILLA PIRATA
Crónica de TORALLA A ILLA PIRATA

Denunciar tamén o acceso restrinxido a illa e que o castro que hai nela é patrimonio cultural. Así que , piratas, bucaneros e corsarios pola ponte e polo mar, alí fomos a abordaxe.
Crónica de TORALLA A ILLA PIRATA
Crónica de TORALLA A ILLA PIRATA
En todo momento a manifestación foi pacífica e transcurriu nun ambente festivo. Xente de todas as idades, familias con nenos e cans…todos berrando “non máis illas de cemento”, algún turista perdido tamén se sumou á festa inda sen saber moi ben porque era e berraba “ non máis sillas de cemento” con acento estrano e bailando o son da música. O importante é a intención.
Crónica de TORALLA A ILLA PIRATA
Crónica de TORALLA A ILLA PIRATA
Tamén se sumaron unha parella de ancianos que estaban pescando alleos ao que estaba a acontecer e cando lles explicaron o motivo da manifestación unirónse coas súas canas e cestas de pescar, sen dúbida foron os mellores disfrazados.

Chegamos á barreira que separa a zona pública da privada e advertimos que hai 5 furgóns de policia ( moita máis presenza policial que o ano pasado e hai que ter en conta que era unha manifestación pacífica). Os organizadores leron o manifesto e os berros fixéronse máis fortes, Con motivo de dispersar a multitude, varias persoas foron identificadas e incluso houbo algún amago de aporreamento.
Crónica de TORALLA A ILLA PIRATA
Crónica de TORALLA A ILLA PIRATA
En fin, houbo máis xente que o ano pasado e seguro que menos xente que o ano que ven.
Crónica de TORALLA A ILLA PIRATA


reconquista toralla 08 from Antia on Vimeo.


Reconquista de toralla, chegada á praia from Antia on Vimeo.

Crónica:
- Antía: Fotos/videos
- Alba:Texto

Enviar comentario
Categorías
Antía