Crónica do I encontro alg-a
martes, 18 de xaneiro do 2005, por nautile.

Como bem sabedes os que seguides alg-a.com os passados días 7 e 8 de Janeiro a cúpula de alg-a reuniu-se para compartir.

O encontro deu-nos a o tod@s (...é a sensaçom com a que fiquei) o grato sabor de ver-nos inmersos num projecto livre e apaixoante no que tod@s somos protagonistas.

[nautile]

Esta é a crónica gráfica do acontecido.
...resultado do que entre outras cousas jà estades a ver desde fai uns días na progressom de alg-a.com, e máis que se ira vendo na medida que o tempo flua:

máis [+] conteudos
máis [+] cooperaçom
máis [+] sindicaçom
máis [+] identidade
máis [+] força interna

...vem e mergulha-te connosco:


O Encontro Alg-a era necesario para reflexionar fisicamente. Todavía existe unha distancia entre o noso cuarto, e todo o que esta a suceder na rede. Vamos "de lo micro a lo macro pagando unha cuota mensual", dunha ventá a outra. Vernos as caras é outra historia. Digamos que é de balde, e un pracer. Compartir información a tempo real; latencia cero.

Sabemos que estamos a vivir un momento importante da Historia, quizáis nas portas da Primeira Revolución Dixital Libre, que fará que moitas cousas cambien. Non só en términos de producción e rentabilidade, xa que obviamente para escribir esto teño electricidade + casa + ordenador + internet + silla + mesa e complementos (familia, amigos, ciudad, perro-gato etc etc). Pero, nótase o pataleo do Capitalismo no seu pupitre. Non entende a mitade dos térmos que aparecen na wikipedia, pero si ve unha maraña de ligazóns en forma de ariete asediándolle. Digamos que esta nova Torre de Babel, é plana, subterránea, e a velocidade da luz non repara en vocales a deriva. Hai comunicación e comunidade. Debemos de estar atentos a censura e o control (váxase o peche dos servidores de weblog en Irán). Ahí é dónde a Arte e a creatividade deben asumir o comisariado das nosas propias vidas. Sen regateos de negociante empedérnido, sen horarios e sen días festivos, fora dos santuarios herméticos. Da era analógica sedentaria pasamos á era dixital nómada. Por unha globalización plural.

Un saúdo a tod@s en Alg-a. En especial, os que están emigrados: Chiu Longina, Sr. Pause e Berio Molina. Seguimos!

[Isaac]

Enviar comentario
Comentarios
29 de maio do 2006 10:36, por longina

pois ven guapos saímos todos, a verdade. non sei explicalo, pero percíbese unha aura de enerxía certamente especial, positiva (e mira que criticamos, ja, ja, ja)

a máquina está en marcha

aperta den de conca, que vos aseguro que existe

chiu

3 de outubro do 2006 05:22, por plumber

lembro esta primeira xuntanza con alg-o de pena, por non poder ir.
que ben que se fixo a segunda, e a outra...
e as que quedan !
forza alg-a !

estou mais sensible do normal ?
cajo-ná

.