Neste artigo relatamosvos o que aconteceu na II edición do Tramuntana festival, en Cadaqués e Cap de Creus, con actuacións audiovisuais, instalacións interactivas, proxeccións de video-arte. Con especial énfase no tema dos catro elementos, houbo propostas moi interesantes entre as que cabe salientar a de Sonom coa "Sinfonía para os catro elementos" na que convertiron o faro de Cap de Creus nun instrumento.
Tamén nos deixou boquiabertos a actuación de Nice-noice, "Mitosis" na que empregaban oito láser como se fose un arpa e pantallas táctiles de cores como se fose un teclado.
A verdade é que foi unha fin de semán máxica entre a lúa chea, as actuacións ao aire libre e a beleza do enclave onde aconteceu este festival.
Hai xusto unha semana, é dicir o venres 18, fixemos as maletas e saímos, non sen antes dar varias voltas completamente desorientados, de Barcelona rumbo a Cadaqués.
Por unha serie de circunstancias, casualidades ou como se lles queira chamar, xa nos percataramos uns meses antes de que se estaba a tramar algo neste pobo da Costa Brava, o Tramuntana Festival, que polo que teño entendido é a segunda edición do que o ano anterior fora o Festival Internacional de Video-art, Electrónica i Interactius de Cadaqués, así que xa vos podedes facer unha idea. Se ben é verdade que o festival empezara o Xoves 17, por mor dos nosos traballos mal remunerados, a gripe e outros inconvientes, non chegamos ata o venres, ¡pero que chegada! . Saímos de Barcelona a iso das 7 da tarde, as 10 estabamos montando as tendas no cámping do pobo ao máis puro estilo dos xoves castores, e de aí correndo ao Cap de Creus, onde xa chegabamos tarde ás proxeccións de vídeoarte inspiradas nos catro elementos.
Cap de creus e un sitio ben incrible, haiche alí un acantilado importante, un faro e unha tasca.
Festival Tramuntana from alg-a on Vimeo.
A primeira actuación da que tivemos a sorte de gozar foi “Fharophonia” a cargo de Sonom. “Farophonía” é unha peza complexa, na que o elemento principal é precisamente o faro, entendido este coma instrumento. Trátase dunha especie de sinfonía audiovisual, na que o sinal luminoso do faro é captado e transformado en son ao tempo que o entorno tamén é procesado a través de micrófonos expostos ao vento (Tramuntana).
Todo esto baixo a lúa chea e non dunha maneira casual, porque os organizadores do Festival fixeron os seus cálculos para que este cadrara con tal fenómeno astronómico. Despois desta catarse, relaxámonos vendo a ambientación de Ilia Mayer, ( menbro do colectivo Btoy) xunto con Humo (dowmtempo experimental) e por último Mur Mur, un interesante dúo procedente de Suiza que traballan sobre a interacción de instrumentos clásicos (neste caso violín) con sons máis experimentais.
A noite foi na súa totalidade do máis agradable... e para rematar, descolgámonos pedras abaixo para ir nadar baixo o luar...¿ que vos parece?.
O Sábado despertámonos ben cedo, tomamos un cafetiño con tostadas e fomos directamente á illa de Portlligat, ou como me gusta chamala, a illa de Juanito, que é o carismático barqueiro que che cruza dunha ribeira a outra polo módico prezo dun euro cincuenta, á vez que relata de forma sublime historias do tempo no que a illa estaba habitada polos hippies, incluído el claro.
Mergulládonos, durmindo, comendo, tirados ao sol estabase tan ben que a verdade é que chegamos tardísimo ao Pavelló Quatre Camins, transformado na derradeira noite do Festival no “Tramuntariun”, onde unha vez máis xa nos perderamos a proxección de máis pezas de vídeo, cociña creativa e a fusión de danza aérea con proxeccións audiovisuais e performance a cargo da compañía Circodedos. Mentres entrabamos pola porta estaba a empezar o concerto de Nice-Noise, e pode que sexa este xunto con Farophonía, o que nos pareceu o máis interesante entre as cousas que puidemos ver no Festival. “Nice-Noise”, coa súa peza Mitosis, fabrican unha serie de dispositivos que lles permiten ter un control de execución entre imaxes, luz e son, traballando sobre artefactos electrónicos que complementan ó software.
Deste xeito puidemos gozar dun concerto onde por exemplo, un dos instrumentos era unha Arpa Láser, é dicir un aparello formado por oito faces de luz láser que son empregados xunto con sensores, de forma que as variables que dependen da altura de corte do faz de luz son interpretadas e modificadas polo software creando diferentes momentos audiovisuais e sonoros, ¡impresionante meus!, de verdade.
nice-noise from alg-a on Vimeo.
A partir de aquí xa me costa máis recordar, porque evidentemente facía calor e había cervexa, pero si recordo o concerto de “Koulomek + Off TV” no que fan unha reflexión sobre a videovixianza e a intimidade do cidadán a través das súas proxeccións.
KOULUMEK+ OFF TV from alg-a on Vimeo.
Logo tocaron Segmentation Fault e logo si, xa de carácter máis animado o de Los Subwoofus, uns tipos que saíron adornados cuns sombreiros de cowboys?, sí, penso que si... en fin, a noite estivo ben divertida, sei que nos deixamos algunhas cousas por ver e agora moitas por mencionar... (esperamos facelo mellor noutra ocasión).. bailamos moito, pasámolo en grande e acabamos por durmir dentro do coche estacionados no puro medio da rúa principal do pobo en dirección contraria. Pola mañá, tras descubrimos con agrado que ningún ser uniformado fora quen de despertarnos pola nosa situación... baño, de novo cafetiño con tostadas, e outra vez a visitar a Juanito... despois dun agotador día de praia, lubinas riquísimas na tasca de Cap de Creus e de volta a cidade.
Así que que queredes que vos diga, que o ano que ven pensamos repetir, é a combinación perfecta, un lugar paradisíaco polo día, con arte audiovisual, dixital e electrónica experimental e bailonga entrada a noitiña.
Este texto escribiuno María Viñas.
Os vídeos e fotos son de Silvia Sanchez.
Impresionante crónica. Si señor!
paseino moi ben léndoa. Unha aperta ben forte a todos!.
Que incrible o do laser, si señor!Tomo nota e para o ano non mo perdo!
Esperamos moitos máis relatos da sempre florecente Barcelona.Saúdos ós da rúa Maiorca!
Bicos dende Galicia