Crónicas #01 e #02 do taller "Introducción a la Creación Musical por Ordenador", dentro do ciclo ArtEx Sonora, no MACUF, dirixido por Ángel Faraldo.

Escritas e vividas polo organismo alg-a: Christian García Bello.

Xoves, 10 de Xullo.

Primeiro día do taller. Todos os que formábamos o grupo chegamos puntuales á cita, na recepción do MACUF. As oito persoas e mais Ángel subimos cara a sala de descanso e cafetería, un espacio con amplios ventanais que dan á fachada posterior do complexo que forma o museo.
Nos colocamos aleatoriamente polas mesas redondas e as butacas de fibra de diseño escandinavo e abrindo os nosos portátiles para comezar.

Ángel mostrouse entre temeroso, ó principio, e aberto ó final das presentacións que resolvimos facendo unha rolda de nome-ocupación-intereses.
Sorprendeume positivamente que dende o primeiro minuto aprendeuse os nomes de todos os participantes e por el se dirixía a nós durante a clase.

Instalamos o Pure Data nos nosos portátiles e nos dispoñíamos a comezar.
Pure Data é un programa de código aberto e libre descarga por internet cunha sintaxis tan libre de adornos como complexa e chea de posibilidades. wikipedisticamente:http://es.wikipedia.org/wiki/Pure_Data

Conseguimos vencer ó síndrome da páxina en blanco que se sufre ó enfrentarse a novo e desconocido software comezando polo principio. Ángel explicounos qué forma o programa, cómo traballa e de qué ferramentas dispoñemos.

O programa usa unha linguaxe más cercana á programación informática que a un entorno gráfico atractivo e máis sinxelo como pode ser o Ableton Live ou o Fruity Loops.

Comezamos facendo cousas sinxelas como envíos de información mínima, un contador basado nun metrónomo por segundos, contenedores de datos, e finalmente fixemos que ordenador emitiese sonido facendo un oscilador moi sinxelo.

As tres primeiras horas pasáronse no aire e xa tíñamos que marchar, pero como bo profesor, Ángel mandounos tarea para facer na casa e non perder o hilo do próximo día.

Luns, 15 de Xullo.

Como xa sabíamos onde se desenpeñaban ás clases, uns subiron para ir collendo sitio e outros esperaron na recepción a que Angel chegase, puntual.
O plan do novo día era repasar ás tareas que nos había encargado e resolución de dúbidas surxidas nese proceso.
Pasado iso, escoitamos unha peza experimental basada en harmónicos e de instrumentos tocando a mesma nota. Una composición sinxela e preciosa pra desconectar do software uns cinco minutos.

Tras iso, Ángel retomou a presenación de novas funcións do programa ampliando as posibilidades do oscilador de sonido que fixéramos na primeira sesión con elementos que nos permitían facer composicións aleatorias con unha intensidade, frecuencia e pulso variables e controlables.

Tras facer iso e comprobar, un por un, que todos os ordenadores sonaban como debían, avanzamos. Neste segundo día, o avance foi menor xa que tamén surxiron máis dudas e o software comezaba a facerse algo máis complexo que o primeiro día.

Continuamos facendo un glissando en bucle, tamén co sonido completamente controlado por nós e rematamos creando o que podería ser a función dunha tecla dun sintetizador, tendo en conta as variables de ataque e caída da nota que tocamos.

Escoitamos, tamén, entre medias, outra peza de música. Das primeiras electroacústicas grabadas na historia que ten a cualidade de que posee partitura.

Tras a escoita e ó retomar o programa, caímos na conta das amplias posibilidades do software, xa que, a partir de códigos alfanuméricos habíamos creado algo que podería usarse sen problema cun teclado MIDI e tocalo coma un sintetizador normal.

De novo, e sen darnos conta, xa era hora de marchar asi que quedamos en vernos o Martes, para o concerto con Manuel Gião, ou o xoves, na nova clase.

Comentarios
16 de xullo do 2008 10:58, por Alejandro Durán

Gracias, buena descripción!

Fuiste a la actuación de Giao? Te gustó?

Esperamos poder mejorar algunos aspectos para la próxima y poder disfrutar del interesantísimo y peculiar directo del vitoriano Miguel A. García en la más absoluta oscuridad.

Un saludo!

17 de xullo do 2008 12:30, por Antia

Un gusto estas crónicas Christian...esperamos verte polo LAB pronto!

17 de xullo do 2008 13:57, por Christian G Bello

Gracias!
Pues si, fui a ver a Manuel Gião pero personalmente me gustó más la improvisación con Angel que Manuel en solitario.
Me resulto mas interesante y novedosa.

A ver qué tal el próximo.
¡Animo!

18 de xullo do 2008 03:40, por Alejandro Durán

Si, creo que esa es la opinión general respecto a la actuación de Manuel. Además hubo un par de problemas que quizás el público no percibió.

Este martes con Mikel la cosa será muy diferente... y la verdad es que todas las actuaciones van a ser muy diferentes unas de otras.

Un saludo... y gracias por todo!

.