Crónicas do Sónar 2008.
xoves, 12 de xuño do 2008, por isaac-cordal.

Os vindeiros días 19, 20 e 21 de Xuño volta unha nova cita co Sónar en Barcelona. Dende Alg-a imos facer unhas crónicas do que alí aconteza como xa fixemos no 2006, cando o noso querido Mig presentou o seu software de vídeo Perro Gato v1.0.. Destacamos dende xa, a presenza de Vhplab, Paola Guimeráns (Redactora desta web de alg-a ;-)) e Horacio González, que xunto a Igor González participan no apartado Sonármatica 2008 FUTURE PAST CINEMA coa peza Biophinitos.

En breve máis info.

No seu 15º aniversario, Sónar 2008 penétrase nunha das aventuras expositivas máis ambiciosas na historia do festival. Por primeira vez un mesmo tema vertebra a maior parte das áreas expositivas de Sónar: o Cine.

O Cine Máis aló do Cine constitúe unha singular viaxe ao presente e ao futuro do cine. Pero unha viaxe que se inicia nas marxes do cine, desde máis aló do cine.

Enmarca as áreas de SonarMàtica, Sonarama, Arte Dixital A La Carta e un menú de SonarCinema. Dúas exposicións, cinco mostras e tres espectáculos audiovisuais configuran esta inédita aventura para os ollos do visitante.

Web Sónar 2008

Programación por días

Comentarios
13 de xuño do 2008 01:50

Oooh que bien! felicitaciones. Saludos a Igor de mi parte. Que se diviertan mucho.

13 de xuño do 2008 04:40, por Gisela

Soy Gisela, me olvide de firmar.. ja

.