Curso de cociña Vegana na Cova dos ratos
mércores, 29 de outubro do 2008, por Antía .

O sábado día 1 de Novembro pola mañá, Árbore, Amarante e Caleidoskopio organizan un curso de cociña vegana con produtos ecolóxicos e de comercio xusto. O curso realizarase no _CSA A Cova dos Ratos (_Romil, 3) a partir das 10 da mañá e consistirá na elaboración de tres platos con posterior
degustación do cociñado.
Se queres participar só tes que escribir ó enderezo electrónico vigo(a)amaranteong(p)org.
A inscrición é de balde e as prazas son limitadas.

Coordinación Local Vigo AMARANTE

Enviar comentario
Comentarios
29 de outubro do 2008 06:28, por Gisela

Deja el teléfono de A Cova Antía que un amigo mio quiere apuntarse también! Gracias.

Categorías
Antía