O pasado 5 de Xaneiro finou o Mestre Isaac Díaz Pardo en A Coruña.
Ilustración de Pancho Lapeña
En Marzo do 2007 fixemoslle unha entrevista para o documental Balor no IGI . Nese intre atopamos un Díaz Pardo moi preocupado, coa ameaza de cortarlle o suministro eléctrico das instalacións e suspensión de pagos para os empregados por parte da "nova" directiva de Sargadelos. A pesar dese tenso ambiente, Don Isaac recibiunos moi cordialmente, e contounos fragmentos da súa historia, unha historia que é a memoria dunha Galicia que deberíamos ter moi presente.
En resposta o asedio o que Díaz Pardo estivo sometido naquelas datas saiu, en Xaneiro de 2008, o número 0 do xornal Galicia, única edición que convertía en realidade unha vella idea do intelectual galeguista. Este número aínda pode descargarse aquí.
"A historia de Galicia é un drama tremendo. É un país colonizado porque as empresas fundamentales non son nosas. Aquí producimos o 22 % da enerxía de toda España pero esa enerxía non é nosa. Producimos automóviles por un tubo, pero non é noso. Producimos aluminio por tódolos lados pero non é noso. Producimos barcos pero non son nosos".