DF_ ARTE CONTEMPORANEA. VÍDEO Á CARTA 2.
venres, 25 de xaneiro do 2008, por Isaac Cordal.
categorías: Axenda

////////////////////////////////////////////////////

«Rompiendo los huevos por las claras» (2006). 6’27"
Unha reivindicación belixerante.
MÓNICA CABO
Oviedo, 1978.
Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo en 2006. Comeza a dar a coñecer o seu traballo en 2005 en «Residentes» (Bolsas en residencia San Martiño Pinario, Santiago de Compostela). Desde entón vén realizando unha intensa actividade con mostras colectivas e certames no Reino Unido, Alemaña, Galicia, Cataluña e Madrid, ademais de realizar dúas exposicións individuais «Ridy tu pley» (2006), Sala Alterarte, Campus de Ourense e «Safe Word» (2007) na galería DF_Arte Contemporanea.

////////////////////////////////////////////////////

«Desocultamento Hospital Julio de Matos» (2007). 15’02"
O que non vemos e segue estando aí.
MANUEL EIRÍS
Santiago de Compostela, 1977.
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, 2003. Bolsa Séneca na Universidade de Granada, 2002; Bolsa Sócrates Erasmus, Universidade de Koblenz-Landau, Alemaña, 2001. Na actualidade atópase desenvolvendo un Proxecto Individual en Debuxo e Vídeo, na escola Ar.Co de Lisboa, cunha Bolsa de Ampliación de Estudos Artísticos da Deputación da Coruña. Completa a súa formación coa asistencia a seminarios, cursos e a talleres con outros artistas.
Acaba de recibir o primeiro premio no «V Certame Auditorio de Galicia, 2007».
Participou en diversas exposicións colectivas, entre as que cabería destacar as seguintes: con Dina Sánchez «Doppelgänger» Galería DF_ARTE Contemporánea, Santiago 2006; «Certame de Fotografía Injuve 2006» no Círculo de Belas Artes de Madrid. (Accésit); I Certame de Pintura Monforte de Lemos 2004, (adquisición de obra); VIII Certame de Pintura Isaac Díaz Pardo, 2003 (adquisición de obra); con María Pena, Nave de Servizos artísticos «NASA»

////////////////////////////////////////////////////

«Folklore» (2006). 14’44"
Un achegamento á Historia como "chisme".
PATRICIA ESQUIVIAS
Caracas, 1979.
Estudou arte na escola Central Saint Martins de Londres para logo regresar a Madrid, onde leva a cabo o programa de exposicións de los29enchufes durante catro anos. Márchase a México e seguidamente continua os seus estudos, con axuda dunha bolsa Fulbright, completando no 2007 unha mestría en artes na escola CCA en San Francisco. No último ano expuxo os seus vídeos no Museo Nacinal Reina Sofía e na galería Maisterravalbuena en Madrid, no Frankfurter Kunstverein, e en White Columns e Murray Guy en Nova York. Gañou os premios Barclay Simpson en San Francisco, East Award en Norwich e Artissima Present Future Illy Award en Turín. No 2008 participará na Bienal de Berlín e terá unha exposición individual na galería Silverman en San Francisco.

////////////////////////////////////////////////////

«Pal. Altoviti. ’07» (2007). 7’00"
A destrución da identidade histórica dunha cidade.
BARBARA FLUXÁ & SAMUEL ALARCÓN
BÁRBARA FLUXÁ
Madrid, 1974.
Licenciada en Belas Artes na UCM en 1998. Cursos de doutoramento no London Institute of Art (Camberwell College of Art) en 1999 e na UCM en 2000. Diploma DEA en 2005 na UCM. Actualmente investiga a súa tese doutoral no departamento de pintura de BBAA da UCM.
Exposicións individuais: Galería Espacio F, Centro de Arte Joven da Comunidade de Madrid, Galería Artificial e Galería DF. Exposicións colectivas: Liquidación Total, MACRO (Museo di arte contemporánea di Roma), Festival Foto.Grafia Internazionale di Roma, Centro Cultural Sala 1 de Roma, Xeracións Obra Social Caja Madrid, Photoespaña, BAphoto Feira de Fotografía de Bos Aires, ARTissima Feira de Turín, Fundación Caixa Galicia, Canal de Isabel II da Comunidade de Madrid, Museo de Arte Contemporánea Esteban Vicente, Fundación Antonio Perez, Fundación Gregorio Prieto, Fundación Unicaja de Andalucía, Centro Arte Joven da Comunidade de Madrid.
Bolsas e premios: axuda intermediae 2007 (área das artes do Ayto. de Madrid), bolsa da Real Academia de España en Roma 2006/07, bolsa de residencia de artistas 2006 na Casa de Velázquez, Premio á creación artística 2005 da Comunidade de Madrid, finalista dos premios Descubrimentos de Photoespaña, finalista no IV Premio de Fotografía o Cultural 2004, e accesit en escultura no Certame Novos Creadores do Ayto de Madrid en 2001.
Obra en coleccións da Fundación Unicaja de Andalucía, Fundación Antonio Pérez de Castilla-La Mancha, Concello de Móstoles, Contemporary Art Gallery Cargo Marseille, Museo Arte Contemporánea Caja de Burgos CAB, Fundación Obra Social Caija Madrid e Ministerio de Exteriores de España.
SAMUEL ALARCÓN
Madrid, 1980.
Licenciado en Comunicación Audiovisual en 2003. Desde entón traballa en Radio Nacional de España e produce e realiza a súa primeira longametraxe documental en Roma «3000 Anos de traballo» (2004), co que participa no Romadocfest 2005 e no festival Internacional de cine de Salento 2005. No mesmo ano comeza a dirixir a sección de cine do programa de Radio Nacional Radio3 Benvido ao Paraíso. Coescribe o guión das curtametraxes «O áxamen» e «Comedores de Esperanza» co que participa no Festival de Alcalá de Henares 2003 e 2004. En 2005 produce e realiza a súa primeira incursión na ficción: Octavio. Escribe ademais para a revista Formatocine.com. Bolseiro de Cine en 2006/07 pola Real Academia de España en Roma. Na actualidade estuda doutoramento en Historia do Cine pola UAM, traballa en Radio Nacional Radio 3 e prerara a súa segunda longametraxe documental «A cittá dei Segni».

////////////////////////////////////////////////////

«Voyeur en Berlín» (2007). 3’38"
...en homenaxe a todas esas preciosas mozas alemás que alí contemplou.
FERNANDO GARCÍA
Madrid. 1975.
Como el mesmo di nunha das súas pezas é un "cabrón con suerte". Disfrutou de varias bolsas (S.R.E. Goberno de México, Casa de Velázquez, Caixa Madrid) e realizou exposicións individuais na Casa de Velázquez, a Galería Artificial, o centro de Arte Nova de Madrid e DF_ARTE Contemporánea, ademais de numerosas colectivas en Madrid, Málaga, Pamplona, México DF, Reino Unido...

////////////////////////////////////////////////////

«Intervención#1» (2008). 5’00"
Skate or Die!
JUGO & PELLEJO
JUGO
(Hugo Aldatz). Vigo,1984.
Estudos na Escola taller de canteiros de Poio (Pontevedra), Ciclo superior de fotografía en Santiago de Compostela na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo. Expo indivuduales: «Pontus Veterix» e «O Matadoiro" de Compostela, "Reviravoltas" Pontevedra. Expo Colectiva: XI Mostra de Artexove 2006 (Pontedeume).
PELLEJO
(Jorge Gonzalez). Gijón,1978.
Licenciado en Belas Artes, Universidade de Vigo, 2004. Accións co colectivo FLEXO: na sala Nasa, no CGAC, no Museo de Belas Artes da Coruña, etc. Foi seleccionado para «Novos Valores 2003» (Pontevedra) e participou no certame «Non te curtes» de Curtocircuito 2005 en Compostela.

////////////////////////////////////////////////////

«Ignacio» (2004). 7’00".
Retrato dun personaxe fragmentado e recomposto por unha infinidade de casualidades.
ISABEL MARÍA
Mérida, 1972.
É Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid.
Presentou os seus vídeos e fotografíás en PhotoEspaña03, Dock4 en Documénta 2001, no Instituto Cervantes de Pequín, na Bienal de Vic, o Museu de Pollença ou a Casa Encendida de Madrid. Entre as súas exposicións individuais destaca «The Face and the Face» (2005) no Museo Estremeño e Iberoamericano de Arte Contemporánea (MEIAC), Badajoz. Actualmente disfruta dunha bolsa da Fundación Marcelino Botín.

////////////////////////////////////////////////////

«Relación amorosa nº 4: con velcro» (2002). 1’45"
Xesto e son como metáfora dunha relación.
EVA MORANT ARTAZKOZ
Pamplona, 1974.
Licenciada e doutora en Belas Artes. Actualmente expón no espazo Liquidación Total (Madrid). No 2007 e 2005 expón na Galería DF (Santiago) e ese mesmo ano, no espazo Abisal (Bilbao). No 2003; na Galería Bacelos (Vigo), A Resistencia (Palma, Mallorca) e no espazo Os29enchufes (Madrid); e en 1998, no Museo de Navarra en Pamplona. Realiza numerosas exposicións colectivas nas que cabe destacar; «70’s» Galería Moisés Albéniz (Pamplona, 2003), «Habitar, hábitat, hábito» instalación no Horno de la Ciudadela (Pamplona, 2000). Participa en feiras de arte como DFOTO (Donosti, 2004) e ARCO (Madrid 2004) coa Galería Moisés de Albéniz. Foi seleccionada en concursos como a Bienal de Artes Plásticas 2005 «Cidade de Pamplona», «Gure artea 2002» e «Xeración 2001». Forma parte do patrimonio da Universidade do País Vasco e da Mancomunidade de augas de Pamplona e gozou de diversas bolsas do Goberno de Navarra. Ademais, realiza talleres con artistas como Gabriel Orozco, Jon Mikel Euba, Pello Irazu e Juan Luís Moraza.

////////////////////////////////////////////////////

«Stand by Me» (2007). 3’20"
A forza dos actos cotiáns levada ao primeiro plano.
RITA RODRÍGUEZ
A Coruña, 1981.
Licenciada en BB AA pola Universidade de Vigo nas especialidades de Escultura, Deseño e Audiovisuais.
Participou en exposicións individuais e colectivas dende 2000 e, trala súa estancia en Londres e Berlín, a súa obra foi adquirindo interése dentro dos parametros da arte de acción.
En 2006 comeza a traballar coa Galería DF de Santiago de Compostela, obtén a Bolsa Novos Valores da Deputación de Pontevedra e ese mesmo ano realiza a súa primeira exposición individual nun museo, «DE DENTRO DE», ocupando o Espazo Anexo do MARCO de Vigo.
Actualmente compaxina a produción artística coa súa tese sobre a arte de acción na Península Ibérica.

////////////////////////////////////////////////////

«Market» (2006). 8’27"
No mundo da arte existen outros mundos...pero as leis que os rexen son as mesmas.
RUBÉN SANTIAGO
Sarria, Lugo, 1974.
Formación en Escultura pola Faculdade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid e Escola Massana en Barcelona.
Artista residente en HANGAR (Barcelona), leva case unha década de intensa actividade expositiva, destacando as súas exposicións individuais na galería Fernando Santos (O Porto, 2004), DF_ARTE Contemporánea (Santiago DC, 2005) ou Passage Souterrain (París, 2007) e numerosas colectivas e proxectos en Santiago de Compostela, Vigo, Palma de Mallorca, Barcelona, Madrid, Valencia, Lisboa, Caracas, París, Pequín. Recentemente participou en «O Debuxo POR DIANTE. Arte gráfica nas coleccións públicas dá cidade de Compostela» (2007, CGAC, Santiago DC).
Actualmente prepara a súa segunda exposición individual en DF_ARTE Contemporánea.

////////////////////////////////////////////////////

«Archivadores en archivo» (2007). 8’21"
Imaxinemos que Busby Berkley visita a oficina...
IGNACIO URIARTE
Krefeld (Alemania), 1972.
De 1992 a 1995 estuda Administración de Empresas en Madrid e Mannheim e traballa a partir de entón para corporacións como Siemens, Canon, Interlub e Agilent Technologies en Alemaña, España e México. Tamén estuda artes audiovisuais en Guadalajara, México (2000 a 2002) e deixa o seu último traballo «serio» en novembro de 2003, dedicándose desde entón ao que chama «arte de oficina».
De 2004 a 2006 é artista residente en Hangar, Barcelona. No 2006 obtén a bolsa de creación artística MUSAC e no 2007 a bolsa Colección CAM de artes plásticas. Participou en «O debuxo por diante» (CGAC, 2007). No 2008 participará na bienal de Lleida e exporá no Laboratorio 987 do MUSAC.
Actualmente vive e traballa en Berlín.

////////////////////////////////////////////////////

«Para sempre» (2006). 1’24"
Unha dobre reflexión acerca da perda: identidade e vida.
EDUARDO VALIÑA
Licenciado en Xeografía e Historia pola U. S. C. (Universidade de Santiago de Compostela), na especialidade de Hª da Arte, sección de Arte Moderna e Contemporánea. Artista e comisario independente.
Ven de participar en distintas exposicións, dende finais dos noventa, tanto individuais coma colectivas. Tamén en distintos proxectos de comisariado, como «Procesalia», «Adosados», «Emporios invisibles», «O debuxo por diante», etc...

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal