"DIÁLOGOS IBÉRICOS" na Chocolataría
mércores, 27 de setembro do 2006, por nela que.

... e segun o texto que recibín, cito textualmente......
“Seguindo este plantexamento inicial, o obxectivo dos obradoiros é crear unha experiencia de intercambio entre artistas xoves galegos e artistas portugueses consagrados. Trátase de, por unha banda, fomentar un diálogo que traspase a fronteira (que hoxe xa existe só como un límite inmaterial) nun campo, a arte, no que históricamente non se deu o mesmo contacto que se produce noutros ámbitos culturais e económicos. Por outra banda, existe unha intención de achegar a artistas que comezan ou teñen unha curta traxectoria, a artistas que levan moitos anos dentro do mundo da creación e o mercado da arte.

O proxecto intégrase coa intención do Consorcio de Santiago e A Chocolataría, do achegamento entre Galicia e Portugal dende o ámbito da arte e a creación contemporánea co obxectivo de, coa súa xuntanza, convertelo en internacional. O intercambio facilita deste xeito a divulgación e a promoción tanto da arte portuguesa en Galicia, como da arte galega en Portugal.

Mediante o diálogo e a convivencia nos obradoiros os artistas noveis poderán achegarse tanto a diferentes ideas e conceptos artísticos, como a diversas técnicas e formas de traballar que levan a cabo os artistas portugueses consagrados. Todos eles teñen unha demostrada e longa experiencia internacional, representando un amplo espectro de experiencias artísticas que van dende a arte sonora, ata a fotografía ou a pintura. Estas lenguaxes conforman discursos artísticos, significativamente ligados os talleres de creación, incorporados a un número muy limitado de programacións culturais.

Por outra banda, dada a incidencia na arte actual das novas tecnoloxías, o mestizaxe e a interdisciplinaridade da creación está a requerir novas fórmulas de presentación e difusión. As posibilidades de experimentación e investigación para o creador están garantidas con proxectos de estas características; situación, sumamente interesante si temos en conta que as vías tradicionais -tanto de formación como de difusión- plantexan numerosos problemas.

Imaxe: Pedro Tudela

.