Dardo número 3.
martes, 20 de febreiro do 2007, por Isaac Cordal.
categorías: Publicacións

Dardo é unha revista cuatrimestral con sede en Santiago de Compostela e Rio de Xaneiro que non se basa na actualidade inmediata, senón na propia historia da arte contemporánea e as relacións que podemos establecer entre artistas de diferentes xeracións e contextos. Dardo pretende traballar con autores importantes no escenario internacional a partir de ensaios inéditos que axuden a configurar diferentes lecturas dende unha mirada de hoxe. Para a reflexión editorial invitarase a coñecidos teóricos, na maior parte dos casos, pouco habituais nas páxinas das revistas. Todo complétase con algunha entrevista, palabras dos propios artistas e unha axenda selectiva de exposicións.

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal