Debut de Nada na Regueifa Plataforma.
martes, 10 de outubro do 2006, por Isaac Cordal.
categorías: Net audio

No netlabel A REGUEIFA PLATAFORMA estreamos hoxe 28 e 42’01" , os dous primeiros traballos de NADA, proxecto de electrónica experimental do pontevedrés Javier Méndez Ubeda .As paisaxes e ambientes sonoros que factura NADA apenas teñen precedente na Galiza, tan falta de pulo vangardista no musical, por iso estes seus dous discos veñen ser unha onda de ar fresco para a música instrumental e arriscada feita no país. NADA bebe de fontes que van dende Wagner a Aphex Twin. De John Cage a Mogwai. De Third Eye Foundation a Ryoji Ikeda. De Sun Ra a Tortoise. Do sinfónico ao minimalismo. Do harmónico ao ruidismo. Da música electrónica á música concreta.

Máis info e descargas dos discos en www.aregueifa.net

Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal