Plastic life é unha serie de fotografías realizadas por Vincent Bousserez nas que crea macro universos con figuras de plástico de pequenas dimensións en situacións cotiás. Hai algunhas delas moi interesantes.
Slinkachu é un artista que realiza diminutas esculturas similares, pero que se diferencia principalmente pola localización urbana das súas composicións achegándose máis ao street art. As súas composicións son moi efectivas e detallistas. Ten un libro publicado chamado Little People in the City: The Street Art of Slinkachu que pode mercarse aquí
Akiko Ida e Pierre Javelle son dous artistas que traballan xuntos realizando composicións con pequenas figuras moi similares a Vincent Bousserez.
No seu blog (en francés) teñen referencias a outros artistas que utilizan figuras diminutas nas súas obras. Un dos que destacaría é o australiano Keith Loutit que converte o mundo real nunha especie de decorado. Neste caso convértenos a nós nesas pequenas figuras de plástico por medio da mestura de distintos procesos técnicos que se coñecen como
miniature faking ou tilt-shift fotografía. O seu traballo son animacións de vídeo de gran calidade técnica.
Keith Loutit traballando.
Bathtub IV from Keith Loutit on Vimeo.
Poden verse máis vídeos na súa conta de vimeo:
Miniature faking o Tilt-shift photography refírese á utilización dos movementos da cámara nas pequenas e cámaras de formato medio, ás veces, refírese especificamente á utilización da inclinación do ángulo, a miúdo para simular unha escena en miniatura. Ás veces o termo utilízase cando a profundidade de campo é simulada con postprocesado dixital, o nome pode derivar da inclinación de lentes cando se produce o efecto óptico.
aii.........como me gustaaaaaaaaaaaaaaaaaa
muak pa IS