Desfunción07
martes, 24 de abril do 2007, por Erica.
categorías: Convocatorias

Este articulo vai dirixido a todas aquelas persoas interesadas en expresa-la súa arte na rúa, nesta ocasión nunha praza de Pontevedra, que terá lugar o día 2 de Xuño, máis concretamente na Praza Mugartegui. Trátase dunha proposta moi libre, cada quen poderá demostrar o seu talento nun lugar público pero que será más aberto ca un museo ou unha galeria. A mensaxe de cara a tódol@s participantes é a seguinte:

Un cadro, unha instalación, un video, unha escultura, música, performance, artesanía, deseño, talleres, ,proxeccions, desfiles, grafitti, debuxo, cor, danza, nun museo???? NON!!!! nunha praza, nunha rúa, en PONTEVEDRA.

Acabemos entre todos co tópico da Galiza gris, coa túa axuda conseguiremos darlle cor ás rúas de Pontevedra.

Se queredes enviar o voso proxecto, contactar con outra xente que participe, poñervos en contacto con alguén e solicitar máis información, podedes facelo na seguinte dirección:

www.fotolog.com/desfuncion

ou enviar unha mensaxe a este correo electrónico:

desfuncion07@hotmail.com

Animádevos e unha vez máis, descubramos as cores ocultas de Pontevedra!!!

Enviar comentario
Máis artigos de Erica
Categorías
Erica