Recentemente inagurouse na sexta planta do MOMA a exposición Design and the Elastic Mind que recolle os traballos mais innovadores desenvolvidos neste ultimos anos por inxenieros, desenadores, cientificos e artistas para facilitarnos a vida e o mesmo tempo amosar a elasticidade da mente humana para adaptarse os cambios e novas formas de arte.
Entre a todas as pezas destacar Wizkid, un sinxelo robot que cando recoñeece unha cara humana, míraa fixamente e comportase como un neno peqeno lanzando preguntas sobre preferencias e hábitos para coñecer ben a persoa e adelantarse as suas futuras necesidades , a web online I Want You To Want Me, que fai referencia os novos modelos de relación social por internet e onde podes concertar unha cita , History Flow unha ferramenta para visualizar a historia evolutiva da Wikipedia ou o curioso traballo Typosperma ,concedido gracias a nanotecnoloxia,e que nos presenta unha nova especie a partir da implantacion dunha tipografia no ADN dun espermatozoide.