Desordes creativas
venres, 5 de agosto do 2011, por isaac-cordal.

Este venres comeza un ano máis o DesOrdes Creativas, un festival de arte urbana que dende fai 4 anos inunda de cores de xeito altruísta as rúas de Ordes e exerce de revulsivo rehabilitador do feísmo do ladrillo e o formigón.
Dende o venres 5 ata o mércores 10 de Agosto, vísperas do Festival Brincadeira, os artistas participantes estarán intervindo en distintos espazos da vila de Ordes.
Este ano contamos coa participación de diversas figuras da arte urbana galega e estatal.
Aínda que se agarda algunha nova incorporación sorpresa que pronto desvelaremos, os artistas ata agora confirmados son os seguintes:

PELUCAS
PERI
XPEN
NASH
NANA
MOU
SOKRAM
RAIGAL

Comentarios
1 de setembro do 2011 14:09, por isaac-cordal
.