Diario San Simón: 2º día.
mércores, 19 de setembro do 2007, por srpause.

Ramón, o "barqueiro" para algúns, Caronte para outros, agardaba por nós entre o embarcadoiro e a brétema de Cesantes.

Hoxe, a illa foi un poco máis a nosa casa artística. Richard Lerman recollendo un específico tipo de alg-as entre as rochas de San Simón para a súa fronteira verde, Leila Durán e Arturo Reboiras apañando e clasificando anacos de plástico de batea (que, coa súa forma, lembraban insistentemente a proxectís re-descubertos na escura illa de San Antonio); Carlos Suárez escoitando a vibración do mundo a través de sensores piezoeléctricos (pola mañá colocados nunha hormigonera abandoada); ou Azul Blaseotto, que, a modiño, vai xuntando pezas e carqueixas da súa ardente árbore xenealóxica. E claro, Mona Higuchi, silenciosa coma un "ghost plane", tentando solidificar a sensación de que a fronteira natural da illa e a artificial dos espazos aéreos internacionais poden converxer nunha non-historia de tortura e invisibilidade, ou, en último caso, de creación crítica.

Menos mal que sempre está Caronte disposto, coma se de un capitán Willard bateeiro se tratara, a levarnos a bó porto e mellor cea.

blog Fronteiras

Enviar comentario