Hoxe comezamos oficialmente a residencia de Alg-a na Illa de San Simón. Onte recibimos a tódolos artistas e xa fixemos noite no Hostal en Cesantes. O Sábado día 15 chegaron Richard Lerman e Mona Higuchi dende Phoenix, Arizona. O Domingo Azul Blaseotto dende Berlín. Carlos Suárez dende Vigo. E Arturo Reboiras e Leila Durán dende Pontevedra. Nesta primeira fase entre artistas, organización e colaboradores somos 12 persoas.
Hoxe primeira toma de contacto coa Illa e os lugares de traballo de cada un. Comezamos FRONTEIRAS. Bos días os Binaurales.