...Dionisio Cañas...
sábado, 22 de xullo do 2006, por sono-mama.

A Chocolataría invítavos ó taller que Dionisio Cañas realizará en Compostela a finais deste mes. Se precisades de información adicional podedes contactar en web@achocolataria.com. Velaquí o enlace para apuntarvos, grauitamente, a esta actividade.
"O gran poema de ninguén"

Este taller consiste na recollida polas rúas de Santiago de Compostela de palabras impresas en caixas, cartóns, carteis e calquera material que logo poda ser pegado nunha superficie como o cartón. Posteriormente, entre todos, crearase un gran "poema de ninguén" de un mínimo de 1 metro de ancho por 5 de largo (cun máximo de 10 metros), dependendo dos alumnos que haxa. Nesta edición de "O gran poema de ninguén" (que Dionisio Cañas xa fixo en Cuenca, Barcelona, Salamanca, Tomelloso, Francia -Toulouse-, e que pensa facer tamén en Nova Iorque e noutros lugares) engádese algo novo: a creación dun videopoema colectivo co mesmo título. Ou sexa, a edición (con fragmentos de vídeos realizados polos participantes duranto o paseo por Santiago de Compostela mentres se recollen as palabras impresas) en forma de videocollage dun só videopoema que tamén se chamaría "O gran poema de ninguén".

Horarios:
27 de xullo ás 20:00h, recollida de material na rúa.
28 de xullo ás 11:00h, composición do poema na Chocolataría.

O taller terá lugar na zona do Mercado de Abastos e noutras acordadas polos participantes e a secuencia de traballo será a seguinte:

1) Presentación de Dionisio Cañas mostrando experiencias anteriores e explicando en qué consistirá o taller.
2) Paseo por Santiago de Compostela para recoller palabras impresas e imaxes con cámaras de vídeo.
3) Composición do "Gran poema de nadie” en papel e en forma de vídeo.
4) Colgar “O gran poema de nadie” e amosa-lo vídeo.

As palabras pódense recoller en cualquera idioma. Con Dionisio Cañas, os participantes poden comunicarse en castellano, inglés, francés, galego, catalán, portugués e italiano.

.