O proxecto Musix anuncia unha nova versión do sistema operativo multimedia 100% libre deseñado pensando nos artistas e usuarios en xeral. Trátase da versión máis estable e amigable ata o momento.

Dende a versión 0.79, Musix GNU+Linux está enfocado na creación de contidos multimedia en xeral e na música en particular, esto é: produción musical, edición de sons, edición de vídeo, animación 3D, deseño gráfico, edición de imaxes, deseño web,... sen deixar de lado os programas de escritorio.

Os programas máis destacados en Musix 0.99 son Ardour 0.99.3 (secuenciador de son), Rosegarden 1.4.0 (secuenciador audio/midi), Cinelerra (edición de vídeo), Bluefish (deseño web), GIMP (manipulación de imaxes), Inkscape (deseño gráfico vectorial) e Blender3D (animación 3D).

Dispoñible para descarga en formato ISO dende gnu.org.

Via mancomun

.