ECOENVIO.es
xoves, 13 de marzo do 2008, por nela que.
categorías: Bens Públicos

Onte inaugurouse o primeiro portal galego de alimentación ecolóxica na rede con sede en Vigo e que a sua iniciativa proven dunha rapaza moi apegada a alg-a.org, dende aqui quero apoiar a sua proposta e animarvos a mercar da mellor maneira...
Recomendacion da cheff N:...boisimo o pate de alg-as galegas...jeje !!

Ecoenvío.es é unha iniciativa que propón un novo xeito de entender o comercio no sector da alimentación, tanto pola calidade dos productos como pola comodidade da compra a través de internet.
En Ecoenvío apostan por unha alimentación ecolóxica, un consumo responsable e sostible e un compromiso real co noso medio ambiente.

E qué fas cando mercas productos a ecoenvío?

* Axudas a que os nosos agricultores e gandeiros obteñan un prezo xusto polos seus productos. Ao reducir a cadea de intermediarios conseguimos un mellor prezo para ti e para o productor.
* Promoves un medio ambiente sostible garantido pola agricultura e gandería ecolóxicas. A estricta regulación das actividade ecolóxicas garante o máximo respeto para a nosa terra.
* Coidas a túa saúde alimentándote con productos de alta calidade e cos seus correspondentes avais ecolóxicos. Productos cunha gran cantidade de nutrientes, vitaminas e minerais, cultivados sen pesticidas, herbicidas, fertilizantes, hormonas ou antibióticos, e que conservan todo o seu olor, sabor e textura orixinais, xa que non son almacenados en cámaras e van directamente da horta a túa casa.
* Colaboras coa recuperación do noso entorno rural. Axudando así a frear a emigración da xente máis nova nas aldeas e vilas de Galiza.
* Combates o uso de productos xenéticamente modificados sen garantías para a túa saúde. Na actualidade non están evaluados os riscos para a saúde que pode conlevar o consumo de productos tranxénicos.
* Apoias a novos emprendedores galegos e a o desenrrolo do pequeño e mediano comercio. Fronte ao empobrecemento de alternativas empresariais locais ante o crecemento das grandes superficies.

“consumir productos ecolóxicos non é só unha opción que favoreza á nosa saúde, senón que ademáis é unha ferramenta poderosa da que dispoñemos para transformar parte da realidade que nos rodea e así poder garantir un futuro millor as noas vindeiras xeracións.”

Enviar comentario
Categorías
nela que