ENG (electronoise group) no netlabel alg-a
xoves, 9 de outubro do 2008, por Berio Molina.

O Electronoise Group (ENG) vén de publicar o traballo Kollaps no netlabel alg-a.

alg044 - Kollaps - Electronoise Group (ENG)

Desde Tokio chéganos o traballo de ENG (Electronoise band) que leva por título Kollaps. Composto de 6 temas de capas sonoras improvisadas, desde drones ata melodias sútiles que se mesturan con ambientes tradicionais nipóns e ruído. Na súa cabeceira do myspace reza o lema A Arte esta morta. Longa vida a Dadá!.

ENG (Electronoise band) é un proxecto formado a principos do 2006 por Shota Hirama ao que se lle une o guitarrista/laptop Toshitaka Ikeda. Nos seus directos contan con colaboradores tales como Sachio Matsuda, Darren McClure, Yuji kondo, Emiko Shirayama, ShunjiTakami, Kendrien, e voces de Monooka, Linda Bjalla, e outros.

Editaron outros dous traballos no net label español Tecnonucleo e pronto sacaran CD en Raash rec (USA).

ENG (electronoise group) no netlabel alg-a
Enviar comentario