Ecléctica Ensemble
xoves, 19 de xuño do 2008, por nela que.

Presentación de Ecléctica Ensemble

Terraza do CGAC ___ Sabado 21 de Junio ___ 22:00 h

Com Quico Cadaval de mestre-de-cerimónias e batás, bailarinas, Djs, videocriadores, poetas,… e todos os músicos que participarom no registro do disco.

Dentro das celebracións do décimo quinto aniversário do CGAC, os artistas que colaboraron na gravación dos temas do primeiro e último álbum de Ecléctica reunem-se en un evento irrepetible: unha performance interdisciplinar que unirá música, literatura, artes plásticas e danza contemporánea.
Se ainda nom coñeces ao grupo esta é unha oportunidade única de ver un ecléctico espectáculo cheo de adxetivos esdrúxulos…

A heterodoxa formación de artistas galegos Ecléctica Ensemble non é unha banda, nin ten solución de continuidade. Comezou a xestarse no ano 2000 como un espazo para a improvisación sobre o patrimonio musical galego de tradición oral. Tras abandonar os escenarios no 2004 Ecléctica Ensemble reinventouse concentrando a súa actividade nun laboratorio musical durante tres anos e convidando a un total de doce músicos a realizaren improvisacións a partir de materiais musicais pretéritos até completar un total de seis temas gravados e mesturados a finais do 2007.

Artistas que condicionaron a xestación dos temas deste novo álbum reúnense nun evento único e irrepetible que une a música (Nacho Muñoz, Ugia Pedreira, Davide Salvado, Richard Rivera, Ramom Pinheiro, Óscar Fernández, Fernando Abreu), coa literatura (Estevo e David Creus e Lucía Aldao), as artes plásticas (Pancho Lapeña, Misha Bies Golas) e a danza contemporánea (Olga Cameselle) a través da narración de Quico Cadaval.

23:30 h ___ Entrada do parque de Bonaval

Sesión DJ Nathan Carter + VJ Nela que

Nathan Carter, formado en arte dramática no Reino Unido, é o DJ do grupo de rap Nonresidentz, ademais de participar como produtor, cantante e DJ para o grupo de rap-jazz The Jordanairs como DJ Lord Keison. A súa sesión, concibida como parte dunha noite con Ecléctica Ensemble e inseparable da súa performance colectiva.

Das proxeccións visuais que ao largo da noite terán protagonismo na presentación do disco de Ecléctica Ensemble farase cargo a artista multimedia pertencente ao colectivo alg-a, videocreadora, poeta e performer galega, Nela Que.

.