[*[dobre convocatoria]*]
Sala da FNAC (A CORUÑA)
MARTES 16 SETEMBRO. 11.45h
Cafetaría do MARCO (VIGO)
Non foi unha banda, nin o é, nin o será. Pero detrás de [*Ecléctica Ensemble*] hai un grupo de músicos dispostos á irreverencia, ao atrevemento, á provocación, á supremacia estética, á maquillaxe, á sátira… a encher a música tradicional de ironía e a darlle voltas até fartar.
O venres 12 e o martes 16 de setembro, na sala da Fnac d’A Coruña e na cafetaría do MARCO de Vigo respectivamente, preséntase ECLÉCTICA ENSEMBLE, seis temas gravados nos estudios COH3 e masterizados en Londres no que atopamos colaboracións de músicos coma Nacho Muñoz, Óscar Fernández Sanjurjo, Philippe Copin, Pedro Pascual ou Fernando Abreu, entre outros.
Na presentación estarán RAMÓN PINHEIRO e NACHO MUÑOZ, voceiros do colectivo Ecléctica Ensemble, acompañgados por un espectáculo multimedia con…DJ NATHAN CARTER e VJ NELA QUE
[*Agardamos verte alí . . . !!!*]