Evol é un artista aleman que converte espazos publicos en pequenas cidades en miniatura cheas de edificios. Un dos seus derradeiros traballos sobre a serie "Buildings" é realmente espectacular, unha recreación dunha cidade en ruínas, sucia, abandonada, .... O efecto óptico da devastación recórdame aos decorados do final de película do pianista de Roman Polanski.
Máis fotos sobre este traballo.
Outro dos traballos que me pareceu interesante son as 1000 figuras de xeo de Nele Azevedo realizado en Berlin baixo o título Melting man. Unha acción que reflexiona sobre o cambio climático do planeta.
Estas referencias veñen do fantástico blog chamado Unurth de Sebastian Buck sobre street art , ao que agradezo desde aquí a reseña sobre o meu proxecto Cement eclipses.
muy bien estas intervenciones del evol!
vi tambien tu serie de hombres de hormigon
estoy tramando un video con un hombre de chopped
(homochoppiens)jaja