Elaboratoire
domingo, 31 de agosto do 2008, por Silvia Sánchez.

A fin de semana pasada coñecimos a Xurxo, tripulante dunha das dornas da exhibición que houbo nas festas de Combarro. Ademáis de mariñeiro, este rapaz forma parte dun colectivo asentado na Bretaña francesa chamado Elaboratoire.

elaboratoire
elaboratoire

Trátase dunha plataforma cultural multidisciplinar, na que conviven, crean, fanse obradoiros, espectáculos e festivais. O espazo componse dun laboratorio con obradoiros para crear situado nunhas naves, unha carpa de circo onde se fan os espectaculos e a zona da "Villa" onde viven en caravanas e casas.

Chamoume a atención este proxecto polas súas similitudes con alga, tratar de facer un proxecto cultural nunha zona periférica como son Bretaña e Galicia, nas que a cultura chega con conta gotas e a xestión cultural está en mans de moi poucos e moi mal administrada. Por iso parécenme proxectos admirables, de loita contra a adversidade das administración públicas, a especulación urbanística cando hai mil terreos abandonados e incluso contra a opinión pública nalgunhas ocasións.

Pero tanto esforzo e ilusión nótanse e esperemos que estes proxectos vaian para adiante i encontren o seu lugar.

espazos
espazos

Elaboratoire
Enviar comentario
Categorías
Silvia Sánchez