Encontro da rede Arquitecturas Colectivas 013
venres, 16 de agosto do 2013, por madamme.

Arquitecturas Colectivas Galiza é o encontro correspondente ó ano 2013 da rede Arquitecturas Colectivas, e desenvolverase no Alg-a Lab e na parroquia de Valadares (Vigo) do 11 ó 14 de setembro.En esencia, consiste nun espazo de debate, de relación e de intercambio de coñecemento e experiencias en torno a construción social do hábitat, é dicir, o deseño do espazo físico no que desenvolvemos as nosas vidas dende unha óptica da participación e implicación da cidadanía. Os encontros serven tamén para a posta en común de problemáticas e oportunidades da realidade territorial na que se celebran, neste caso Galicia.AACC Galiza é de asistencia libre, previa inscrición, e vai dirixido a calquera colectivo ou persoa que estea interesada nestas cuestións. Así mesmo, calquera pode participar da definición do programa do encontro mediante a proposta de actividades específicas, no formato que considere oportuno: palestras, mesas de traballo, intervencións, roteiros, etc.Propoñemos pois unha temática ampla, integral, que abarque diferentes aspectos/ámbitos baixo unha mesma idea: “O bó vivir, oportunidades para a emancipación e a vida digna” *, e que poda ter unha utilidade real tanto para os colectivos como para a sociedade. *O ‘buen vivir’, ese concepto que pode parecer difuso ou ‘liquido’ pero que, como forma de orientar as políticas públicas está xa en novos sistemas políticos.

website encontro:

.