Entrevista a Antonio Murado
luns, 16 de febreiro do 2009, por Isaac Cordal.

Entrevista o artista galego Antonio Murado no se estudio en NY en Decembro de 2007. Esta entrevista pertence o arquivo audiovisual do proxecto documental Balor, a little Galician accent but good.

Balor [a little Galician accent but good] é un proxecto documental sobre o percorrido migratorio de 5 persoas que, afastados por 90 anos, colaboran na creación de cultura independente galega. 5 historias tanxenciais sobre o pasado e o presente da mobilidade dos galegos, a deriva vital migratoria e o seu conflito de identidade. Unha narración posible sobre a dobre natureza galega: o nihilismo que se nos supón, e a tradición asociacionista tantas veces solapada, balorecida. A cuestión de por qué somos máis colectivos fóra que dentro, e o sentido desta cuestión nunha era na que o concepto de distancia está, para unha parte da sociedade, moribundo.

Son historias (re)construídas polos autorrelatos dos propios protagonistas, xa que eles documentarán (textos, video, audio, web, etc) as súas vivencias nestes febles territorios das raigames. O tecido narrativo completaráse coas gravacións, feitas polo equipo de “Balor”, dos protagonistas nos seus habitats naturais /artificiais, recollendo a súa deriva cotidiana e definíndoos a través de cinco parámetros: obxetos (e as súas ausencias), arquivos, entrevistas, percorridos e localizacións.

Este proxecto é o primeiro documental Opensource galego, xa que, a través de tecnoloxía Web 2.0, porá a disposición dos usuarios todo o material audiovisual de “Balor”, convidandoos a confeccionar novas versións da(s) historia(s).

Entrevista a Antonio Murado
Enviar comentario
Categorías
Isaac Cordal