Entrevista a Richard Stallman na Nit al dia
martes, 2 de xaneiro do 2007, por Berio Molina.

Dende agnix informan da entrevista a Richard Stallman que tivo lugar no programa de televisión la Nit al Dia de Televisió de Catalunya.

Richard Stallman é o fundador do movemento do software libre, da FSF (free software foundation) e do proxecto GNU.

Nesta entrevista Stallman fala moi claramente e dunha forma moi didáctica de conceptos como as licencias GPL, copyleft, do nacemento do software propietario e o nacemento do manifesto do software libre, da piratería, e da cultura libre.

Máis información sobre Stallman na wikipedia.

Entrevista a Richard Stallman na Nit al dia 1/3
Entrevista a Richard Stallman na Nit al dia 2/3
Entrevista a Richard Stallman na Nit al dia 3/3
.